O “Vicente Carril” de Camariñas volverá a ter celebracións este vindeiro sábado 10 de Maio xa que tras fai menos de unha semana que o equipo senior camariñán da Liga da Costa celebraba o título de liga coa sua afeccións, desta volta encherease con xogadores e afeccionados de toda a costa para a disputa das Copas da Costa de Prebenxamín, benxamín e alevin, así como a Copa Delegación de alevíns que disputarán a final do Grupo 3 o Xallas CF B e o CF Dumbría B.
Os encontro comezarán ás 09:30 horas cos dous primeiros encontros de cuartos da categoría benxamín e rematarán en torno ás 20:30 horas ca disputa da finalísima de prebenxamín, antre todo esto haberá un total de 16 encontro pola mañán, pararase ás 15:00 horas para o xantar e comezarase de novo ás 17:00 horas cas semifinais de prebenxamíns, para logo dar paso a final da Copa Delegación e as finais de alevíns, benxamíns e prebenxamíns. Tras todo isto a entrega da copa e da liga. Tedes tódolos enfrontamentos, horarios e o resto da informaciónno cadro da RFGF.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”