Para o SCD Malpica e SD Oza o vindeiro Domingo 8 de Xuño non existe a final da Copa da Costa da que tanto falamos e tanto se fala, para eles o máis importante é o encontro que xogarán no “Pedra Queimada, (Malpica), a partires das 18:00 horas e no que se dirimirá quen será equipo da Liga da Costa a vindeira tempada.
Na ida eran os malpicáns os que tomaban ventaxe por 0-2 con goles de Aday, (25´) e Sergio, (82´), tal e como xa vos contamos na previa. Nesta volta non hai nada decidido pero sí que é unha ventaxe xugosa a que dispón o equipo de David Baña polo que os de Miguel Sande son os que terán que ir a polo encontro se queren ter opcións o que fará máis atractivo o choque.
Os carballeses non poderán contar con Dani Cotelo que foi expulsado no encontro da ida por dobre amonestación.
Trío arbitral
-Árbitro principal : Roberto Baña Amado
-Árbitros asistentes : Luis Mourelle e David Castro.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”