O Cee recibe o Camariñas nun dos derbis antre históricos.
Este vindeiro Domingo 15 de Setembro, “Domingo da Barca”, comeza a Liga da Costa 2024/25, denominada pola RFGF, Segunda Futgal G2 A Costa, unha liga que rematará regular o 11 de Maio do 2025 tras disputar 30 xornadas, para un total de 16 equipos.
Esta será unha das ligas máis atractivas dos derradeiros anos con equipos históricos coma o Baio, Cee, Corcubión, Soneira, Porteño, Ponteceso, e Xallas, aos que lles hai que unir equipos máis novos pero non menos importantes coma o Coristanco, Camariñas, Monte Louro, Corme, Cabana, Mazaricos, Outes, Lira ou Muros. Destes todos equipos dos fundaadores da Liga da Costa, que foran 8 equipos, temos xuntos o Baio, Cee, Ponteceso, e Porteño. Se temos en conta que non existen o San Isidro e o Poninete, xa non existen, só faltarían o Fisterra, que está na Primeira Futgal, e o Laxe, que está na 3ª da Costa.
Así será a 1ª Xornada :
-15/09/2024-
CF Lira-Outes FC, ás 17:00 horas
CF Mazariccos-CD Muros, ás 18:30 horas
Ponteceso SD-Cabana SD, ás 18:30 horas
CF Porteño-Corme CF, ás 17:00 horas
UC Cee-Camariñas FC, ás 19:00 horas
UD Monte Louro-SD Coristanco, ás 17:00 horas
Soneira SD-UD Corcubión, ás 18:00 horas
Xallas FC-CD Baio, ás 19:00 horas
OBSERVACIÓNS DA RFGF
Os partidos terán lugar os días sinalados no calendario oficial.
Os partidos desta competición disputaranse na franxa horaria da mañá e na franxa horaria da tarde se o día do partido coincide en domingo ou festivo.
Se non se establece a programación, seguirase o seguinte por defecto:
DOMINGO: setembro, 17:00 || Outubro, 16:30 || Novembro, 16:15 || Decembro, 16:00 || Xaneiro, 16:00h || febreiro, 16:15 || Marzo, 16:30 || Abril, 17:00 || Maio, 17:00 || Xuño, 17:30 h.
Se o partido se celebra en día laborable, a hora de inicio fixarase ás 20:00 horas.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”