Este Domingo 6 de setembro, en menos de 3 días, comeza a andaina na Primeira Futgal G2-2026/27 para os equipos da costa : o CF Muxía e o SD Castriz, que repiten do ano pasado, terán como compañeiros de viaxe nesta tempada ao SD San Lorenzo, que chegou como campión da pasada Liga da Costa e o Xallas FC, que chegaba dende a promoción.
Os muxíans comezan na casa recibindo a un dos chemados a loitar por todo, o Bertamiráns FC, será a partires das 1830 horas.
Os castricenses visitan ao Praiña Sporting Club no “Juan Amado” de Pontevea a partires das 18:00.
Os berdillenses visitan ao SR Calo, outro dos equipos que loitarán por todo, no Municipal de Rebordelo a partires das 17:00 horas
Os xalleiros visita ao Bastavales UD no Municipal de Brión a partires das 18:00 horas, desprazamento curto que dará un gran ambente o primeiro choque dos de Santa Comba.
Así será a liga
-Xornadas : 34
-Comeza : 06/09/2026
-Remata a liga regular : 16/05/2027
-Equipos : 18
-Primeiro derbi da costa : Xallas-Muxía, 2ª xda
(Este derbi ao coincidir coa Romaría da Barca podería trocar de día).
Primeira xornada e equipos
–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–

