PREVIA : ESTE VENRES UN EMOCIONANTE MUXÍA-MALPICA CON REENCONTRO ANTRE DIEGO LOBELOS E JUAN ABELENDA.

Diego Lobelos colleu esta tempada o Muxía CF.

 

Mañán venres 1 de Novembro terá lugar no Campo da Arliña o encontro aprazado da 2ª xornada da Liga da Costa antre o Muxía CF e o SCD Malpica. Un choque que no seu día foi aprazado o coincidir ca Romaría da Barca e no que ambos equipos se xogan moito, pois os muxiáns sétimos con 12 puntos poderían poñerse a 4 do lider Ponteecso, (19), a 3 do segundo, Corme CF, (18´) e a puntos co Esteirana,, (15), San Lorenzo e Muros e superar ao Coristanco, (14). Pola sua banda os malpicáns poderían superar os muxiáns por un punto e poñerse a 6 da cabeza da táboa e a 5 e 2 do resto, así como a 1 dos coristanqueses. Un empate deixaría aos dous nas mesmas posicións, (7º e 8º) e acurtando un só poutno.

O encontro que terá como escenario o Campo da Arliña, terá como colexiado a Carlos Señarís Balsa e comezará ás 16:40 horas.

Neste encontro hai un reencontro especial para dous dos participantes, Diego Lobelos, adestrador dos muxiáns e Juan Abelenda, xove central dos malpicáns, que foi discípulo do adestrador fisterráns fai unhas tempadas no Bergantiños CF Cadete, co que acadaron o ascenso.

Para Diego Lobelos o encontro vai a ser : “Moi complicado, somos locais e temos que facer valer ese factor, pero sabemos do potencial do Malpica. Ten xogadores que están a facer un gran inicio de tempada, como Aitor Vilas, e Michi Castro é un xogador de moito nivel, así o demostra a sua traxectoria. De todas formas, confío plenamente no meu equipo e creo que seremos quen de sacar o partido adiante”.

Para Juan Abelenda  será : “Un partido igualado no que nos xogamos moito os dous equipos para engancharnos a postos máis altos. Nós vimos dunha victoria contra o Buño que cortou a nosa mala racha e penso que si xogamos como sabemos podemos gañar este partido e volver a senda dos bos resultados, pero o que é fixo e o Muxía non nolo vai poñer doado. Pero tamén é seguro que nos imos loitar o partido dende o principio do partido ata o final”.

 

Diego Lobelos e Juan Abelenda co Bergantiños cadete o día do ascenso.

 

Para o adestrador dos muxiáns, o que fora seu discípulo no Bergantiños é : “Un lider nato, era o capitán dunha gran xeración ca que ascendemos en Carballo. Defensivamente moi completo, parece que ten moitos máis anos vendo como se desenvolve no campo. Aportará moita seguridade e un traballo infinito, tanto na competición como adestrando, sempre demostrou unha entrega máxima”. A sua relación para Diego foi : “Moi boa, Juan non crea ningún problema, e sabe tirar do grupo. É un deses rapaces no que podes confiar para que asuman responsabilidades, non lle van a pesar. Foi un placer poder contar con él o ano que pasei en Carballo e que rematou con tan bo resultado”.

 

Juan Abelenda no Bergantiños CF Cadete.

 

A idea que ten Juan Abelenda do seu ex adestrador e : “Un bo entrenador, xa que consigueu numerosos logros antes de entrenarme, e o ano que coincidimos no cadete B do Bergantiños tamén conseguíu ascender o equipo a Liga Galega. Ademais dirixe moi ben os seus equipos e é capaz de levalos polo bo camiño”. A sua relación : “Sempre nos levamos moi ben, de feito ese ano elixíume como capitán, e demostrou moita confianza en mín polo que me sentín moi cómodo, e sempre lle estarei agradecido polo trato”.

Desta volta serán rivais e cada un tirará para os seus intereses, pero son esas cousas que deixa o fútbol que nunca se esquecen e que cada vez que se encontron reviviranse para un e para outro, neste caso e en moitos máis que se dan no deporte, que fan que todo esté entrelazado.

 

Fotos e Texto : Xosé Bua “Pirata”-piratasdemuxia.es-Bergantiños CF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies