PREVIA : ESTE LUNS 13 DE OUTUBRO COMEZA A “LIGA DE FUTSAL DE CEE”.

Arrinca a Liga de Fútbol Sala Sénior de Cee 2025-2026

Este luns 13 de outubro bótase a andar unha nova edición da Liga de Fútbol Sala Sénior de Cee, que reunirá un total de oito equipos da comarca. O campionato, organizado polo FSF Villa de Cee co apoio do Concello de Cee, o Centro Comercial Finis Terrae e diversas casas patrocinadoras, promete emoción e bo xogo durante toda a tempada.

Os encontros da liga desenvolveranse en dúas sesións semanais, con partidos repartidos entre luns e mércores, mantendo así o formato das edicións anteriores.

O A Fontana (Fisterra), campión da pasada tempada, tentará revalidar o título fronte a rivais xa coñecidos e novos aspirantes ao trono comarcal.

Equipos participantes 2025-2026:

  1. Panadería Pichín (Brens-Cee)

  2. Atlético Raíces (Cee)

  3. Nueva María Teresa (Sardiñeiro-Fisterra)

  4. A Fontana (Fisterra)

  5. Batifondo (Corcubión)

  6. Buen Camino (Corcubión)

  7. Wash & Relax Futsal (Corcubión)

  8. Altamira F.S. (Corcubión)

 

 

 

-Fotos : Javi “Marroco”/orgañización

-Texto : Xosé Búa ” Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies