PREVIA : ESTE DOMINGO UNS CUARTOS DA “LVII COPA DA COSTA” DE ALTO NIVEL.

 

Este vindeiro Domingo, 19 de Xuño chegan a palestra os Cuartos de Final da “LVII Copa da Costa”, catro encontros de alto nivel, nos que o grande favorito é o SD Fisterra, para estes cuartos e para o título, pero a realidade dí que desta vez os equipos da Liga da Costa, (Monte Louro, Esteirana, San Lorenzo, Castriz, Muxía e Outes), están a dar un enorme nivel, e xa quedaron apeados equipos de Preferente e 1ª Galicia, e tan só quedan en liza o Volantes, (1ª Galicia), e o Fisterra, (Preferente).

Nesta eliminatoria, que será a partido único, temos un derbi muradán, o Monte Louro recibe a Esteirana, brilante campión da Liga da Costa, outro derbi de equipos do interior, co San Lorenzo e o Castríz, e un derbi de equipos costeiros, co Muxía e o Outes en liza, e como plato forte un Volantes-Fisterra.

O choque estelar de Cuartos

Sen dúbida nestes cuartos o choque estelaré o que enfrontará ao Volantes de Baño FC e o SD Fisterra. Os de Baño caeron por arrastres da 1ª Galicia, tras facer unha bastante boa Fase de Permanenza, pero que non lle chegou para salvarse. Pola sua banda o equipo fisterrán, ven de facer unha extupenda Fase de Permanenza, e estará de novo a vindeira tempada na Preferente Norte.

O Volantes chega a estes cuartos tras eliminar ao CD Nantón, (3-4), e ao CD Baio, (1-0), e o Fisterra, tras deixar fora ao SD Soneira, (1-3), e ao Coristanco, (0-5).

 

PREVIA

-Cuartos de Final-

UD Monte Louro-SCDR Esteirana

Día : 19/06

Hora : 17:00

Campo : Agra de Filgueira, (Louro)

Árbitro : Amine Alaoui Soulimani

 

SD San Lorenzo-SD Castriz

Día : 19/06

Hora : 17:00

Campo : As Pedreiras, (Verdillo)

Árbitro : Luis M. Insua Lago

 

Volantes de Baño FC-SD Fisterra

Día : 19/06

Hora : 19:30

Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro)

Árbitro :

 

Muxía CF-Outes FC

Día : 19/06

Hora : 18:30

Campo : A Arliña, (Muxía)

Árbitro :

 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies