PREVIA : “ESTE DOMINGO REMATA A FASE ASCENSO A LIGA DA COSTA SEN NADA EN XOGO”.

FASE ASCENSO A LIGA DA COSTA

Camelle e Seaia veranse as caras por 4ª vez esta tempada.

 

Este vindeiro Domingo, 22 de Maio, acaba a maltratada 3ª da Costa, na que tras unha liga completa fixéronlles xogar unha Fase de Ascenso ridícula, na que tan só sae un equipo contento, o SD Oza, campión do Grupo B, (que despide a liga celebrando o ascenso cos seus con todo merecemento), e que acompañará ao UD Corcubión na vindeira Liga da Costa, (Segunda Galicia).

Tan só dous ascensos e podería haber ata 6 descensos da liga da Costa, tal e como están as cousas cos nosos da 1ª Galicia, cousa que esperemos que non pase. Xa ninguén entende que baixen 3 da Liga da costa e só suban 2 desta. Polo demáis nesta derradeira xornada só hai en xogo a “honrriña” de quedar 3º, ou a de non quedar último, (por poñerlle algo de interese).

Tras esta Fase de Ascenso chegará a “LVII Copa da Costa” da que tes AQUÍ toda a información, de enfrontamentos e datas dos mesmos.

 

 10ª XORNADA

Grupo 1

SD Camelle – Sporting Seaia CF

Día : 22/05

Hora : 17:00

Campo : O Rodeiro, (Camelle)

Árbitro : Manuel Rodríguez Rojo

 

Xallas FC – CF Castrelo

Día : 22/05

Hora :18:00

Campo : A Fontenla, (Santa Comba)

Árbitro : Manuel Espasandín Romar

 

Descansa : UD Corcubión

 

CLASIFICACIÓN

UD Corcubión : 28

Xallas FC “B” : 20

SD Camelle : 9

Sporting Seaia CF : 7

CF Castrelo : 4

 

GRUPO 2

 SD Oza – SD Laxe 

Día : 22/05

Hora :16:30

Campo : O Carral, (Sofán)

Árbitro : Esteban Domínguez Lado

 

SD Ameixenda – Atlético Pereiriña FC

Día : 22/05

Hora : 17:30

Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)

Árbitro : Jonathan Pardiñas Blanco

 

Descansa : CF Porteño

 

CLASIFICACIÓN

SD Oza : 20

CF Porteño : 18 puntos

Atlético Pereiriña FC : 13

SD Laxe : 12

SD Ameixenda : 4

 

-Foto : FaceBook SD Oza

-Texto : piratasdemuxia