Este vindeiro Domingo 12 de abril o CD Nantón e o Cabana SD de Veteranos xogarán o primeiro round da final polo ascenso a Divivisón de Honra de Veteranos do grupo da costa.
Os cabaneses na derradeira xornada na que iniciaban como líderes perderon a oportunidade do título da 1ª Galicia de Veteranos así coma do ascenso direto e agora buscarano no derbi ante os veciños de Nantón.
Nas semifinais o equipo nantonén empataba na ida do Malpica, (1-1), e o Cabana facía o mesmo co Mazaricos, (3-3). Na volta das semifinais os de Nantón tiñan que ir os penaltis tras empatar de novo en terras malpicanas, (1-1), pasando o quedan nos lanzamentos desde os 11 metros 3-4. Pola sua banda o Nantón derrotaba ao Mazaricos cun axustado 1-o cun gol de Pablo POrtomele aos 66 minutos de xogo.
Agora toca a final a dobre partido, o primeiro no AS Fontiñas o Domingo ás 11:00 horas coa arbitraxe de David Vazquez Lema e a ver se queda resolto ou habaerá que esperar o encontro no As Redondas do 19 de abril…
.
DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS
Derradeira xornada na División de Honra co ACD San Ramón como campión xa desde a anterior xornada, tal e como xa vos informamos antes de Semana Santa. Estes son os encontros da derradeira tirada da liga na que só falla por saber como quedará o podio no segundo e terceiro chanzo xa que os decensos xa están decididos e foron para o SCD Buño, SD Coristanco e ADCV Ponteceso.
26ª Xornada
Domingo 12/04/2026
ACD San Román – Atlético Carballo SD, ás 10:00
SD San Lorenzo – ADCV Ponteceso, ás 10:00
SD Coristanco – SD Oza, ás 10:00
Club Deportivo Razo – ACD San Ramón, ás 10:00
CF Cances – Soneira Veteranos, ás 10:30
Sporting Zas – SCD Buño, ás 10:30
SD Castriz – Veteranos Dumbría, ás 10:30
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto de arquivo e texto : Xosé Búa “Pirata”