PREVIA : ESTE DOMINGO COMEZA A “LVIII COPA DA COSTA” CAS PREVIAS : PONTECESO-CORME E PORTEÑO-OZA.

 

Este vindeiro Domingo 14 de Maio do 2023 comeza a “LVIII Copa da Costa” da categoría senior, que engloba os equipos da costa que militan na Preferente Norte, 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, Liga da Costa e 3ª da Costa, menos os seus filiais e equipos que decidiron non participar. A espera de que vaian rematando as ligas ainda en activo este Domingo xogaranse dous encontros sen volta, nunha previa que xa terá o sabor desta gran competición. De prato forte o derbi antre o Ponteceso e o Comre, e nun cruce de camiños o Porteño que subeu a Liga da Costa e o Oza que baixou a ocupar o sitio dos da ponte do Porto na 3ª da Costa.

A Copa da Costa é a máis seguida e admirada do fútbol afeccionado, máis ainda cas orgañizadas pola Deputación e tódalas que orgañiza a Federación Galega, e a da propia federación española.

 

Este é o menú para esta primeira toma de contacto ca Copa da Costa :

Ponteceso SD-Corme CF

Día : 24/05/2023

Hora : 19:00

Campo : “O Pinguel”, (Ponteceso)

Arbitro principal : Adrián Pérez Rellán

Arbitros asistentes : Pablo Rama e Alfonso Caamaño

Resultado antre ambos en liga : 2-1 en Corme e 0-3 en Ponteceso

 

CF Porteño-SD Oza

Día : 24/05/2023

Hora : 17:00

Campo : “A Grixa”, (Ponte do Porto)

Arbitro principal : David Castreje Ferrío

Arbitros asistentes : Sin asistentes

Resultado antre ambos en liga : Estiveron en diferentes ligas

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”