PREVIA : ESTE DOMINGO COMEZA A 3ª DIVISIÓN FEMININA DA COSTA CON TÓDOLOS EQUIPOS NO GRUPO 3.

PREVIA 
1ª XORNADA
3ª DIVISIÓN FEMININA DA COSTA

A nova 3ª División Galega Feminina G3, que chamaremos 3ª División Feminina da Costa, bota a andar este domingo 5 de outubro de 2025 cun formato moi especial: por primeira vez xúntanse nun mesmo grupo case todos os equipos costeiros.

O curso pasado estaban repartidos en dous grupos, (2º e 4º), pero coa restauración da 2ª Galega Feminina e o ascenso de máis equipos da Costa, xúntanse agora na categoría de bronce ata 10 conxuntos costeiros dos 12 que forman a liga. Só dous equipos non pertencen á bisbarra: o SD Dubra e o SD A Baña.

Entre as novidades destaca a entrada do Xallas FC B, que se estreará na competición mentres o seu primeiro equipo compite na 1ª Galega. A liga regular estenderase ata o 17 de maio de 2026, data tras a que chegarán as promocións e a sempre esperada Copa da Costa. No referente a baixas con respecto o ano pasado nesta liga non están o CF Mazaricos e SD Fisterra, así coma o Pastoriza B.

O sistema de ascensos mantén o interese ata o final: ascenden de xeito directo os dous primeiros clasificados, mentres que o terceiro terá a opción de loitar na promoción.

1º xornada
Domingo, 5 de outubro de 2025
  • Xallas FC B – Soneira SD
    📍 Campo Fontenla (Santa Comba) · 🕛 12:00 h

  • Sporting Zas – EFCC Juan Cabrejo
    📍 San Andrés (Zas) · 🕛 12:15 h

  • ED As Miúdas – SD Dubra
    📍 Eleuterio Balayo (Muros) · 🕧 12:30 h

  • Outes FC – Ponteceso SD
    📍 O Cochido (Serra de Outes) · 🕓 16:00 h

  • UD Cerqueda – UD Corcubión
    📍 Xaviña (Buño) · 🕟 16:30 h

  • SD A Baña – Cabana SD

  • 📍 Antonio Martínez (A Baña) · 🕠 17:30 h

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”