PREVIA : ESTE DOMINGO COMEZA A 3ª DA COSTA, POSIBLEMENTE A MELLOR EN MOITOS ANOS.

 

Este vindeiro Domingo 25 de Setembro, comeza a “Vincenta” da Costa, a 3ª Galicia Grupo 4 A Costa, ou como a coñecemos os afeccionados costeiros a 3ª da Costa. Unha liga bilipendiada polos mandatarios do fútbol, que nos derradeiros anos, tivo 3 e ata 4 voltas, e no derradeiro, un despropósito de xogar a liga enteira, logo partila en dous e xogar polo ascenso outras duas liguiñas.

Este ano temos sobre o papel a mellor en moitísimos anos, en parte gracias ao descalabro feito na Liga da Costa, da que baixaron ata 6 equipos, e varios deles, históricos de categorías superiores, coma o Sporting Zas, SCD Buño, ou SCD Malpica, que a comezo do milenio chegou a xogar na 3ª División.

Son 14 os equipos que se xogarán duas prazas de ascenso trala disputa de 26 xornadas. 

A competición comeza este 25 de Setembro, (unha semana despois de comezar a Liga da Costa), e remata o 26 de Febreiro.

Calendario completo : PREME AQUÍ

Os encontros xogaranse os Domingos, no horario que decida o clube que xoga como local, o cal ten que comunicarllo a RFGF antes das 18:00 horas do martes anterior o encontro.

No caso de non haber comunicación, os choques serán no horario oficial do ente deportivo galego :

-Setembro, Abril, Maio e Xuño : 17:00 horas

-Outubro e Marzal : 16:30

-Novembro e Febreiro: 16:15

-Decembro e Xaneiro : 16:00

-Foto e Texto : piratasdemuxia