Este vindeiro Domingo 17 de maio de 2026, “Día das Letras Galegas”, teremos no San Pedro de Castiz, (Castriz-Santa Comba) a finalísima da “Copa da Costa de Veteranos”, a que tal e como xa vos viñemos informando eliminatoria tras eliminatoria o ACD San Román e o Atlético Carballo. Un duelo con moito en xogo xa que se enfróntanse o subcampión contra o terceiro da División de Honra de Veteranos, polo que ambos buscarán con maior forza o título de copa tras quedarse ambos as portas da liga que se levou o ACD San Ramón.
Trío arbitral
O árbitro principal do choque será o cormelán Bruno Méndez Castro, que estará auxiliado nas bandas por Luis Mourelle e Alejandro Barbeira, nun choque que comezará ás 11:00 horas e que de seguro que terá un gran ambente no campo castricense, como acostuma a pasar en tódalas finais dun fútbol que move moita afección.
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”