PREVIA : ESTA FIN DE SEMANA COMEZA O FÚTBOL DA COSTA SENIOR CON 3 LIGAS EN LIZA, CON 4 ENCONTROS O SÁBADO E 9 O DOMINGO.

O Muxía CF recibe na Arliña o Outes CF na Liga da Costa.

 

Xa pasaron 2 anos dende que o fútbol da costa competía nas ligas máis seguidas, a liga da Costa e a 3ª da Costa, unhas ligas que pasan a ser 3. tantos anos reivindicando que se fixese unha soa liga con dous grupos e houbese unha 1ª Galicia da Costa, e non estar cos de Santiago, este ano as cousas enrevésanse máis.

A 1ª Galicia Grupo 2, (que comezou a semana pasada), partírona en dous e nun dos grupos 7 dos 10 equipos son da costa, cando sería mellor que fosen todos e fose un grupo costeiro. A Liga da Costa son moitos os que (coma nós), preferían que houbese unha soa, ou en dous grupos e non haber 3ª Autonómica. Pois este ano hai dous grupos na Liga da Costa, e neles descansa un equipo cada semana, e tamén hai 3ª da Costa, na que hai que destacar a chegada de 3 novos equipos con respecto a derradeira liga disputada. Entran como novidade o Xallas B e o Oza e volta tras varios anos en reposo o Atlético Pereiriña.

Na 3ª da Costa xóganse 4 encontros este sábado 23 de Outubro e 1 o Domingo 24, pola sua banda nos dous grupos da Liga da Ciosta xógase todo o Domingo.

3ª da Costa

-1ª Xornada-

Sábado 23 de Outubro

SD Laxe-UD Corcubión, ás 17:30 horas no “Municipal de Laxe”, ca arbitraxe de Bruno Méndez

SD Camelle-Sporting Seaia CF, ás 17:00 horas no “Rodeiro”, ca arbitraxe de David Castreje

Castrelo CF-Atlético Pereiriña FC, ás 16:30 horas no “Municipal de Vimainzo”, ca arbitraxe de Manuel Espasandín

Xallas B-SD Oza, ás 17:30 horas no “Fontenla”, ca arbitraxe de Chrístian Sendón

Domingo 24 de Outubro

Porteño CF-SD Ameixenda, ás 17:00 horas no “Grixa”, ca arbitraxe de Daniel Martínez

Liga da Costa

Grupo 1A

-1ª Xornada-

Domingo 24 de Outubro

UC  Cee-Lira CF, ás 16:00 horas no “San Paio de Refoxos”, ca arbitraxe de Carlos Señarís

CD Muros-CD Baiñas, ás 17:00 horas no “Eleuterio Balayo”, ca arbitraxe de Agustín Hernández

UD Monte Louro-SCDR Esteirana, ás 18:00 horas no “Agra de Filgueira”, ca arbitraxe de Manuel Castro

Muxía CF-Outes CF, ás 17:00 horas no “Municipal da Arliña”, ca arbitraxe de Óscar Santos

Descansa : Camariñas CF

Grupo 1B

-1ª Xornada-

Domingo 24 de Outubro

San Lorenzo SD-Cabana SD, ás 16:30 horas no “As Pedreiras”, ca arbitraxe de Óscar Rey

Sporting Zas-Buño SD, ás 17:00 horas no “San Andrés”, ca arbitraxe de Bruno Méndez

UD Cerqueda-SD Coristanco, ás 18:00 horas no “Xaviña”, ca arbitraxe de Adrián Pérez

CD Nantón-SD Castríz, ás 16:30 horas no “As Fontiñas”, ca arbitraxe de Juan Marcos Ríos

Descansa : SCD Malpica

-Foto e Texto : piratasdemuxia