Martín MC o gran capitán do CD Baio.
O noso único representante na Preferente Norte visita a un AD Miño que na primeira xornada caía ante o Cidade de Ribeira no tempo de desconto. Os sofanistas deixaban voar 2 puntos do Carral tras un mal minuto no que o San Tirso lle empataba con dous goles seguidos, (3-3).
No que se refire a 1ª Galicia G2 A Costa Santiago, a Esteirana repite derbi. A pasada semana remontáballe un 2-0 o Dumbría no seu feudo e esta segunda xornada recibe no Xosé Luis Vara ao Fisterra, que gañaba no estreo no Arasolis por 1-0. Pola sua banda o Baio buscará resarcirse no Platas Reinoso da dura derrota en Negreira, (4-0), nun encontro que perdía por 3-0 aos 11 minutos de xogo. O San Lorenzo, debutante na categoría derrotaba ao tamén recén ascendido SD Valiño, (4-3), nun choque que tiñan controlado e que fixo sufrir o final. desta volta visita a outro recén ascendido, o Bertamiráns, equipo potente e que ven de perder pola mínima en Fisterra. O Dumbría visita ao Puebla, vellos coñecidos da categoría.
PREFERENTE NORTE
AD Miño-SD Sofán
Domingo 17/09/2023 ás 18:00 horas
1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO
CD Baio-CD Sport Team Estrada “SP”
Domingo 17/09/2023 ás 18:00 horas
Bertamiráns FC-SD San Lorenzo
Domingo 17/09/2023 ás 19:00 horas
SCDR Esteirana-SD Fisterra
Domingo 17/09/2023 ás 18:30 horas
Puebla FC-CF Dumbría
Domingo 10/09/2023 ás 18:15 horas
-Foto : Luis González
-Texto : Xosé Búa “Pirata”