O Atlético Carballo lider da 1ª Galicia de Veteranos.
Este vindeiro Domingo 17 de Nadal de 2023 remata a competición para as duas ligas de veteranos da Costa. A División de Honra e a 1ª Galicia de Veteranos non voltarán ata o 14 de Xaneiro do 2024.
Na División de Honra remata no máis alto o ACD San Ramón que suma 29 puntos, 8 máis co segundo, Sporting Zas, 9 máis co terceiro, SD Coristanco e 10 máis co cuarto, ADC de Veteranos de Ponteceso. Ademáis o lider ainda segue invicto tras 11 xornadas gastadas, sendo o máximo goleador con 45 tantos, 19 máis ca Coristanco e San Román, que ocupan a segunda praza neste eido. No que se refire a menos goleados, é o segundo con 13, tralo Ponteceso que só encaixou 10, e os mesmos co Sporting Zas e CD Razo, que tamén encaixaron 13. Esta derradeira xornada do 2023 valerá para saber se o San Ramón que recibe no Municipal da Laracha ao CD Razo, remata o ano inbatible e aumentando os números, en frente terá a un equipo ao que lle costa marcar, pero que encaixa moi pouco, tal e como decimos leva os mesmos goles en contra co lider, a pesares de estar na 7ª praza e a 12 puntos dos da Laracha. Por abaixo moito teñen que trocar as cousas para o colista, Castríz, (4 puntos), Oza, (6), e Corme, (8). Por enriba deles teñen a Corcoesto, (12), Cabana, (13), Soneira, (13), e Dumbría, (14), que teñen un colchón de puntos como para complicarlle moito as cousas os de abaixo dos que o máis perigoso para complicar a algún parece o Corme, ainda que o Oza deu trazas de melloriía nas derradeiras semanas.
++++++++++++++++++++++++
Na 1ª Galicia de Veteranos da Costa, tamén lidera con supremacía o Atlético carballo SD, non con tanta coma o San román na liga superior, pero sí cun bo colchón de 5 puntos sobre o segundo, CF Cances, 6 sobre o terceiro, CF Mazaricos, e xa abre unha fenda moi longa co cuarto, Veteranos SDC Malpica que está a 11 puntos. O Atlético Carballo tamén é lider en goles a favor con 44, 12 máis co segundo máximo realizador, que é o Cances, e sendo o menos goleado con 7, con 2 menos ca o propio Cances e o Malpica. Non haberá quen lle quite acabar o ano como lider ao Atlético Carballo, pero para despedilo recibe nada menos ca o terceiro clasificado, Mazaricos no Anexo As Eiroas. Pola sua banda o sefundo, Cances, visita ao Buño, (6º con 12 puntos), para despedir este 2023.
-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : Atlético Carballo SD