PREVIA DOS EQUIPOS DO FISOBER FSF CO DEBÚT HISTÓRICO DO SEU PRIMEIRO EQUIPO MASCULINO

 

Este fin de semana comezan a competir algún dos equipos de categorías inferiores do Fisober.

Na Preferente Galicia – Liga Autonómica o Fisober visita Salceda o vindeiro sábado día 5 a partires das 18 horas no P.M. Salceda de Caselas para visitar ao E.D.M. Salceda en partido correspondente a cuarta xornada de liga.

A tempada pasada igualaron en ambos encontros o que da mostras da igualdade entre ambos equipos. As costeiras chegan pragadas de lesións polo tanto a convocatoria é unha incognita.

Para o domingo quedan o resto de equipos en competición os de categorías inferiores no que a súa maioría son debutantes nestas categorías.

O domingo será o debut histórico dun equipo masculino do Fisober nunha competición galega. O infantil masculino xoga as 12:30 horas no P.M. San Francisco Javier de A Coruña para enfrontarse ao Hércules B na primeira xornada da Primeira Galicia Infantil.

Tamén o domingo dobre cita en Castro Ribeiras de Lea para a base feminina.

As 16:30 no P.M. de Castro Ribeiras de Lea enfróntanse as infantiles do Castro F.S.F. cas do Fisober na primeira xornada de Liga Galega Infantil.

Unha vez finalizado este será a xeira para os equipos cadetes femininos , será a partires das 18 horas na primeira xornada da Liga Galega Cadete no mesmo pavillón.

-Texto : Luis Sambad

-Foto : Fisober FSF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies