PREVIAS
Ata cinco partidos ten este fin de semana para o Fisober, no que os femininos xogan na tarde do sábado coma locais nas I.D. de O Conco en Dumbría e os masculinos viaxan As Pontes.
Fisober FSF Senior
FISOBER FSF
Preferente Galicia Feminina – Liga Autonómica
O senior do Fisober recibe na tarde do sábado a partires das 16:45 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría e dentro da 11 ª de liga ao Academia Red Blue 5 Coruña con Iván Vidal coma colexiado asignado.
CATEGORÍAS DE BASE
Fisober FSF Cadete
Unha vez finalizado ese encontro será a xeira para o equipo feminino de Liga Autonómica Infantil a partires das 18:30 horas nas I.D. de O Conco en partido correspondente a 6ª xornada e primeira da segunda volta para enfrontarse ao F.S.F. Castro. Na primeira volta o resultado foi de seis a cero para as lucenses.
E para rematar a xornada será a xeira do equipo feminino de Liga Autonómica Cadete a partires das 20 horas nas I.D. de O Conco en partido correspondente a 6ª xornada e primeira da segunda volta para enfrontarse ao F.S.F. Castro. Na primeira volta o resultado fora de cinco a dous para as lucenses.
Para o domingo é a xeira dos masculinos.
Primeiro será o partido correspondente a Primeira Galicia Cadete Masculina a partires das 17 horas e no P.M. de As Pontes en partido correspondente a 8ª xornada de liga para enfrontarse ao Esteo F.S. .
Para finalizar o fin de semana tocaralle a xeira ao infantil en Primeira Galicia Infantil Masculina a partires das 18:15 horas no P.M. de As Pontes en partido correspondente a 8ª xornada de liga para enfrontarse ao Esteo F.S. tamén.
-Fotos e texto : Luis Sambad/Fisober FSF
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.