PREVIA DOS ENCONTROS DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA FSF E DOS SEUS EQUIPOS DE BASE QUE COMEZAN A COMPETICIÓN.

Segundo fin de semana en liza dos equipos do Fisober, e desta únese a competición oficial un novo equipo o infantil masculino.

Recordamos:

Si eres nena ou neno de calquera idade e lugar, non dubides en contactar con nós e probar no fútbol sala, nun conxunto de ampla experiencia e no que temos moi claro que todo empeza dende a base.

CONTACTA CON NÓS A TRAVÉS DOS MEDIOS ANUNCIADOS, OU POR CALQUERA AMIG@, FAMILIAR OU CONOCID@ QUE XA FORME PARTE DA NOSA FAMILIA.

Confiamos en que toda a situación sanitaria nos vaia dando un respiriño e poidamos sacar aínda máis equipos que na pasada temporada, na que tan só poidemos sacar os equipos de base nas Ligas Galegas.

Na Liga Preferente Galicia Feminina-Liga Autonómica o Fisober visita ao F.S. Cidade de Pontevedra o domingo día 26 a partires das 12 horas no P. Principe Felipe da cidade do Lérez dentro da 2 xornada con Alejandro Ares e Luis Ocampo coma colexiados.

O Cidade é un dos favoritos da categoría que o ano pasado se quedou as portas do ascenso. Na primeira xornada gañaban ao Vigo 2015 por un a dous. Nos últimos anos é un rival corrente do Fisober co que compartiu competición tanto en Segunda División e Autonómica sendo equipos que foron da man en ascensos e descensos. Últimamente os resultados favorecen as do Lérez. Para o xoven equipo do Fisober será unha boa pedra de toque.

Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte o Fisober recibe ao EDM Concello de Guitiriz o domingo a partires das 19 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría dentro da 2 xornada con Rafael Tovar e Francisco Pena coma colexiados.

Na primeira xornada o Guitiriz caía por catro a cinco fronte ao Troula de Betanzos e o Fisober caía por sete a un fronte ao Seamo Pontedeume.

Na Liga Galega Infantil Masculina no seu grupo Norte A o Fisober recibe ao Colegio Liceo o domingo a partires das 17:15 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría dentro da 1 xornada con Francisco Pena e Rafael Tovar coma colexiados.

Inicio para ambos equipos na categoría.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad