PREVIA EQUIPOS DO FISOBER FSF
Na sua última visita o Ribeira levouse o trunfo pola mínima.
A primeira fin de semana de outubro trae unha dobre visita a terras lucenses e a chegada do líder a Dumbría tamén dende terras lucenses. Recordamos que sigue aberta a posibilidade de incorporarse tanto a base feminina coma masculina.
Na Preferente Galicia-Liga Autonómica Feminina e dentro da 3ª xornada de liga o Fisober recibe ao Ribeira-Lieders nas I.D. de O Conco en Dumbría o vindeiro domingo a partires das 12:15 horas con Marcos Noya i Elvis Rodríguez coma colexiados.
Chega a Dumbría outros dos cocos da categoría, despois dous triunfos de dous con sendas goleadas. A tempada pasada coincidiron ambos equipos e as lucenses leváronse os dous partidos.
Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte e dentro da 3ª xornada de liga o Fisober visita ao ADC A Piringalla no P. O Palomar de Lugo o vindeiro sábado a partires das 16:30 horas con Yago Seijas e Tania Penabad coma colexiados.
Os lucenses chegan cun triunfo e unha derrota e despois de gañar o seu anterior partido coma locais.
Na Liga Galega Infantil Masculina no seu grupo Norte A e dentro da 2ª xornada de liga o Fisober visita ao Os Meigallos F.S. no P.M. Jose Mario González (O Chanto-Sarria) o vindeiro sábado a partires das 17 horas e con Álvaro Darriba e Rubén Vieto coma colexiados.
Ambos conxuntos caían pola mínina no debut e buscaran sumar os primeiros puntos.
-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad