PREVIA DOS ENCONTROS DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA E DOS SEUS EQUIPOS DE BASE :

 

Tres partidos este fin de semana para os diferentes equipos do Fisober no que participarán o Senior feminino e os infantiles.

Na Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica o Fisober recibe dentro da 9ª xornada de liga ao Alonso & Serodio Vigo F.S. o vindeiro sábado a partires das 18 horas nas I.D. de O Conco de Dumbría con Beatriz Pazos coma colexiada asignada.

As olívicas son o equipo que xusto vai por encima das costeiras e chegan despois de catro triunfos consecutivos o que demostra que están nun moi bo momento de forma. As costeiras coma sempre estarán moi pendentes da enfermería.

.

.

Na Liga Autonómica Infantil Feminina o Fisober visita dentro da 4ª xornada de liga ao ADC Burela Pescados Rubén o vindeiro sábado a partires das 16:30 horas no P. de Vista Alegre en Burela con Iria De Luis coma colexiada asignada.

Para rematar o fin de semana do na Liga Primeira Galicia Infantil Masculina o Fisober visita dentro da 6ª xornada de liga ao Cidade de Narón o vindeiro domingo a partires das 19 horas no P. do Complexo Deportivo Municipal de A Gándara en Narón con Ramón J. Bujía coma colexiado asignado.

.

FSF Villa de Cee

Ademais o sábado a partires das 20 horas nas I.D. de O Conco tamén xogará o Villa de Cee frente ao Noia B en partido da Preferente Galicia Masculina xa que por mor das eleccións o Polideportivo Municipal de Deportes de Cee estará ocupado.

 

-Foto e texto: Fisober FSF/Luis Sambad

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.