PREVIA DOS ENCONTROS DESTA FIN DE SEMANA DOS 4 EQUIPOS DO FISOBER FSF SENIOR E BASE.

PREVIA EQUIPOS FISOBER FSF

Entran en xogo de novo este fin de semana catro equipos do Fisober.

Na Preferente Galicia-Liga Autonómica e dentro do subgrupo A o Fisober visita Vilalba dentro da xornada 10 o domingo a partires das 13 horas no P.M. de Deportes de Vilalba con David Kumor e Lucía Manso coma colexiados designados.

O Vilalba é unha auténtica besta negra das costeiras, xa que nunca acadaron gañarlles. Na primeira volta o resultado fora de catro a cinco a prol do Vilalba.

Na anterior xornada o Vilalba caía ante o líder o Ribeira-Lieders e o Fisober gañaba ao Burela.

Na Liga Autonómica Cadete Feminina e dentro do grupo Norte o Fisober visita ao Castro dentro da xornada 10 o sábado a partires das 17:30 horas no P.M. de Castro Ribeiras de Lea con Óscar Lorenzo e José Chafloque coma colexiados designados.

Última xornada desta primeira fase no grupo norte, con ata catro equipos xogándose o pase a seguinte fase. Tanto Castro coma Fisober e tamén Ribeira e Amarelle xóganse entre eles a clasificación. O Fisober necesita ao menos un empate para pasar de segundo, se consegue o triunfo clasificarase coma primeiro.

Na primeira volta o resultado foi de igualada a dous tantos

Na Liga Autonómica Cadete Masculina e dentro do grupo Norte 4 segunda fase o Fisober recibe ao Piringalla dentro da xornada 3 o domingo a partires das 19 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría con Jairo Mosteiro i Edgar Piñeiro coma colexiados designados.

Ambos equipos aínda non se enfrontaron entre si pero xa o fixeron fronte ao Pontedeume, partidos nos cales igualaron co conxunto local.

Na Liga Autonómica Infantil Masculina e dentro do grupo Norte C 1ª fase o Fisober reciebe ao Stellae SportcarsPadrón dentro da xornada 10 o domingo a partires das 17:15 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría con Jairo Mosteiro i Edgar Piñeiro coma colexiados designados.

Na primeira volta o resultado foi de seis a tres a prol do Stellae. Os de Padrón chegan coma segundos clasificados.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies