PREVIA DOS ENCONTROS DE VOLTA DA “COPA DA COSTA XUVENIL” E “COPA DA COSTA INFANTIL” :

 

Dende hoxe venres e ata o vindeiro martes, xa temos encontros nas copas de base da Costa, nas categorías infantil e xuvenil.

O primeiro dos choques será esta tarde na Copa da Costa Infantil, o que enfrontará ao UD Cerqueda e o Xallas FC. Nesta copa os encontros de ida foron moi abulltados para Xallas, Cee, Coristanco e Outes, polo que os encontros de volta serán un trámite. Decir que na ida estes 4 equipos fixeron un total de 34 goles, 13 os xalleiros e 7 os ceenses, coristanqueses e ceenses. No que se refire a Copa da Costa Xuvenil, os únicos que teñen unha ventaxe considerable son o SD Sofán e o Cabana SD, que gañaron na ida por 4-0 e 1-5, respectivamente. Os cabaneses o estar na Fase de ascenso a Liga Galega non xogarán co CD Baio ata o vindeiro martes.

 

Aquí tes tódolos encontros, horarios e resultados da ida :

 

 “CUARTOS DE FINAL COPA DA COSTA XUVENIL”

-VOLTA-

 SCDR Esteirana – SD Sofán

Na ida 4-0 para os sofanistas

Sábado 7 ás 11:30 horas

 Corme CF – Outes FC

Na ida 1-2 para os cormeláns

Sábado 7 ás 17:30 horas

 Soneira SD- Xallas FC

Na ida 3-2 para os xalleiros

Sábado 7 ás 19:00 horas

Cabana SD – CD Baio

Na ida 1-5 para os cabaneses

Martes 10 ás 19:30 horas

 

“CUARTOS DE FINAL COPA DA COSTA INFANTIL”

-VOLTA-

 UD Cerqueda – Xallas FC

Na ida 13-0 para os xalleiros

Venres 6 ás 19:00 horas

 Camariñas FC – SD Coristanco

Na ida 7-2 para os coristanqueses

Domingo 8 ás 10:00 horas

 Ponteceso SD – UC Cee

Na ida 7-1 para os ceenses

Sábado 7 ás 16:30 horas

Outes FC – EF Concello de Carnota

Na ida 0-7 para os outeses

Sábado 7 ás 18:00 horas

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es