Ata catro partidos teñen este fin de semana os equipos do Fisober, dous coma local e dous coma visitante.
Na Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica o senior feminino xoga o vindeiro sábado día 26 de outubro a partires das 16:30 horas no P.M. de Cee para enfrontarse ao Pizzería Bahía Monterroso F.S.F. dentro da sétima xornada de liga con Gustavo López coma colexiado designado.
O Monterroso aprazou o seu encontro a última xornada e ten coma xogadora destacada a Noe Pires cun amplo bagaxe en diferentes categorías incluso na máxima categoría do fútbol sala español e italiana onde xogou tamén unha tempada. As costeiras teñen un difícil compromiso e ata última hora esperan recuperar algunha das baixas da última semana aínda que Nuriña, Ana e Laura son ausencia segura.
Para sábado tamén queda na Liga Autonómica Feminina Cadete , o Fisober visita a pista do 5 Coruña Seguridade Galega F.S.F. , en partido correspondente a terceira xornada de liga que se disputará no P.M. Sagarada Familia de A Coruña a partires das 19:30 horas con Jose Manuel Juncal coma colexiado designado.
Para o domingo quedan os dous partidos dos equipos infantiles.
O domingo na Liga Autonómica Feminina Infantil , o Fisober visita a pista do Ribeira F.S. , en partido correspondente a xornada de liga que se disputará no P.M. Casa do Deporte Frigsa con Jose Roca coma colexiado designado.
Tamén o domingo na Primeira Galicia Infantil Masculina, o Fisober recibe ao ExAlcoholicos Refuxo do Moucho en partido correspondente a cuarta xornada de liga que se disputará nas I.D. de O Conco en Dumbría con Ángel Forján coma colexiado designado.
-Texto : Luis Sambad
-Foto : Fisober FSF.
Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.