PREVIA DOS CUARTOS DE FINAL DA “COPA DA COSTA FEMININA” CON 3 ENCONTROS HOXE E UN O VENRES.

O Mazaricos recibe o veciño Xallas nun choque de poder a poder.

 

Na tarde de hoxe mércores 15 de Maio de 2024 xóganse 3 dos 4 encontros dos Cuartos de Final da “Copa da Costa Feminina”, cuarta edición dende que a orgañiza a RFGF. O outro dos encontros xogarase o vindeiro venres 17 de Maio, “Día das Letras Galegas”, festivo para parte da cidanía, a que non pertence o sector primario, sempre esquecido e perseguido e que é a base do funcionamento dun país. Tamén hai os servizos esenciais e os que traballan para empresas de fora de Galicia, para os que tampouco é festivo de ningunha clase.

Aquí tes a previa dos Cuartos por se tes oportunidade a acercarte a algún dos encontros, dos que vos traeremos contada información tralo remate dos mesmos. Dos 8 equipos que chegaron a estes Cuartos, temos o Xallas, único representante que queda da 2ª Galega Feminina G1, e da 3ª Galega G2, son o resto, por órde de clasificación na liga : Dumbría, (campión), Corme, (2º), Ponteceso, (3º), Mazaricos, (5º), EFC Camariñas “Juan Cabrejo”, (7º), Corcubión, (8º), e Cabana, (10º). A eliminatoria será a partido único e dicir que todos estes equipos terán na fin de semana encontro de liga, no caso do Xallas loitando pola permanenza na 2ª, e no caso de Corme e Ponteecso polo subcampionato da 3ª. A Copa voltará o vindeiro martes 21 de Maio coa ida de Semifinais.

Pronóstico do tempo

Tempo típico de cando sopra do cadrante oeste, (W), o que lle chamos a xente do mar “Travesía”, por soprar en toda a nosa costa sempre a traves, que fai por case toda a mesma unha navegación incómoda, sempre atravesados o vento, vaias hacia norte ou hacia a sur. Este que é o peor vento do inverno xunto co noroeste, (NW), ten a particularidade de que nunca chove seguido e que pon intervalos de sol tralos chubascos, ou que paran por intres. Canto máis contra o verán os ventos deste cadrante son os mellores, o “Dr. Jekyll e Mr. Hyde” dos ventos. Estamos baixo a influenza, xusto o que se lle chama o rabo, (ou cola), dunha forte borrasca que está afectando a Islandia, polo que temos esta inestabilidade tan grande, pero xa a partires do medio día de mañán o sol predominará, xa con menos influencia dos chubascos, xa moi dispersos. Estes partes tomámolos da boia meteorolóxica maritima, tendo como referenza Muxía, norte e sur. No caso de hoxe o vento o vr do mar a acumulación de nubes no interior sempre é superior.

 

Ponteceso SD  CF Dumbría

Día : 15/05/2024

Hora : 20:30

Campo : O Pinguel, (Ponteceso)

Árbitro : Alejandro Tato Gómez

 

EF C Camariñas “Juan Cabrejo”  Cabana SD

Día : 15/05/2024

Hora : 20:30

Campo : Vicente Carril, (Camariñas)

Árbitro : Manuel Castro Mouzo

 

CF Mazaricos  Xallas FC

Día : 15/05/2024

Hora : 21:00

Campo : A Picota, (Mazaricos)

Árbitro : Alberto Pombo Parga

 

UD Corcubión  Corme CF

Día : 17/05/2024

Hora : 17:30

Campo : Novo Cubaleiro, (Corcubión)

Árbitro : Sin definir…

 

 

 

-Foto arquivo : Juan Tuñas “Rachón”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies