Non caben máis ca críticas desta Copa da Costa Feminina do 2023, cos equipos cun desexo enorme de xogala, pero non desta maneira. Non se tivo en conta as fases de permanenza e ascenso, e agora os encontros pola semana e a horas tardías para poder xuntar rapazas, xa que a unhas tócalles traballar, outras na selectividade, e outras que non poden desprazarse pola semana. Total…un desastre.
Rubén Castillo, adestrador debutante na copa co Corcubión Feminino que ven do Fútbol 7 da Coruña e que loitou polo título tras quedar segundos na liga regular, é outro dos que nos deron a sua opinión sobre esta copa e o seu encontro : “Máis do mesmo cos horarios, que máis que a copa parece a “Champions da Costa” con estes horarios j. Nós Tentamos meter o partido venres ou sábado e o Bergan non xuntaba, se elas non xuntan un sabado, nós que vimos de Fútbol 7…e menos un martes. En calquer caso as xogadoras están con moitas ganas, adestrando a moito nivel e farán todo o esforzo que poidan. Entendo que somos algo así como uns “invitados” por vir de F7 pero bueno, nosa afición non fallou un solo día no Cubaleiro e pidolle un esforzo máis!”.
PREVIA COPA DA COSTA FEMININA
UC Cee-UC Cerqueda
Día : Sábado 03 Xuño 2023
Hora : 20:15
Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)
Árbitro : Manuel Castro Mouzo
AD Nicrariense-CF Dumbría
Día : Martes 6 de Xuño 2023
Hora : 20:30
Campo : O Cepelo, (Negreira)
Árbitro : Sen asinar
UD Corcubión-Bergantiños FC
Día : Martes 6 de Xuño 2023
Hora : 20:30
Campo : Novo Cubaleiro, (Corcubión)
Árbitro : Por asinar
Xallas FC-ED As Miúdas
Día : Xoves 8 de Xuño 2023
Hora : 20:30
Campo : A Fontenla, (Santa Comba)
Árbitro : Por asinar
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”
