PREVIA DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA FSF E DOS SEUS EQUIPOS DE BASE.

Tan só dous equipos compiten este fin de semana e farano o domingo. Por outra banda os conxuntos cadetes tanto feminino, coma masculino, descansan.

Na Preferente Galicia Feminina-Liga Autonómica e dentro da 9ª xornada de liga no subgrupo A o Fisober recibe o vindeiro domingo a partires das 17 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría ao ADC Burela Pescados Rubén con Jorge Fernández Lojo coma colexiado designado.

Na primeira volta o partido disputado en Burela foi moi igualado incluso se chegara ao tempo de lecer con empate a cero. Nos últimos minutos o triunfo fora para as costeiras por un a dous con goles de Paula Fandiño para as costeiras e de Carmen para as do filial do Burela.

A semana pasada o Burela caía co lídero o Ribeira-Lieders por cero a catro e o Fisober gañaba pola mínina ao Meigas en Bertamiráns.

Na Liga Autonómica Infantil Masculina e dentro da 9ª xornada de liga no grupo Norte C 1ª fase o Fisober visita o vindeiro domingo a partires das 12 horas no P.M. de As Pontes ao Esteo F.S. con Rubén Bello Gómez e Roberto Pena Porta coma colexiados designados.

Na primeira volta o partido disputado en Dumbría rematara con resultado de cinco a un a prol dos costeiros, con goles de Pablo Costa en dúas ocasións, Suso, Javi Blanco e Iago.

A semana pasada o Fisober vencía ao Troula e o Esteo caía ante o Stellae.

-Foto e Texto : Luis Sambad


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies