PREVIA DO ENCONTRO DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA FSF E DOS SEUS EQUIPOS DE BASE :

O Fisober FSF xogará este sábado en Cee.

 

Esta fin de semana temos un novo debut para as categorías inferiores do Fisober, será o do cadete masculino, aínda que tamén competirán o senior feminino e o infantil masculino.

Na Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica e dentro da quinta xornada o Fisober recibe a visita da S.D. A Gaiola de Santiago. Será o vindeiro sábado día 12 a partires das 17:00 horas no P.M. de Cee e con Valentín Presedo coma árbitro asignado.

As santiaguesas chegan invictas , tan solo cederon un empate no que vai de liga. Ademais contan cunha ex do Fisober coma baluarte como é Raquel.

As costeiras seguen dentro da súa praga de lesión e intentaran dar o mellor de si para volver a puntuar despois de pinchar a pasada semana.

Infantil Masculino do Fisober FSF.

Na Liga Primeira Galicia cadete masculina prodúcese o histórico debut doutro equipo masculino do Fisober en categoría galega. Será dentro da segunda xornada de liga xa que na primeira tocoulles descansar e será fronte ao Eumemotor FS Pontedeume o vindeiro domingo día 13 a partires das 18:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría con Marcos Noya coma árbitro designado. O Pontedeume chega coma líder despois de vencer na primeira xornada ao Narón.

Por último na Liga Primeira Galicia infantil masculina dentro da segunda xornada de liga o Fisober recibe o domingo día 13 ao Imafer O Parrulo B nas I.D. de O Conco a partires das 16:30 horas con Marcos Noya coma árbitro asignado. O Parrulo gañou ao Narón na primeira xornada de liga.

-Texto : Luis Sambad

-Fotos : Fisober FSF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.