PREVIA DO ENCONTRO DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA FSF E DOS SEUS EQUIPOS DE BASE :

 

PREVIA FISOBER

Fin de semana cheo de partidos para os equipos do Fisober con ata cinco equipos en competición.

Na Preferente Galicia- Liga Autonómica Feminina o Fisober visita a pista do líder invicto o Terra de Celanova F.S.F. o vindeiro sábado día 19 de outubro a partires das 17:00 horas no P.M. Pedra Moa de Celanova e con Victor Manuel Cruz Rodríguez coma árbitro asignado para este encontro da sexta xornada.

O Celanova conta tódolos seus partidos por triunfo e con resultados bastante cómodos o cal as fai ser líderes con solvencia. Conta ademais entre outras con dúas vellas coñecidas do conxunto costeiro como son Vane Domonte ou Cintia Arijón con pasado en moitos conxuntos costeiros.

Ademais o Fisober segue inmerso na súa praga de lesións co cal vai ter que tirar de canteira para completar a convocatoria como ven sendo habitual está tempada.

Para o sábado tamén quedan os partidos dos conxuntos masculinos do Fisober que visitan Narón.

Na Primeira Galicia Infantil masculina o Fisober viaxa a Narón para enfrontarse ao S.D.C. y R. Narón O Freixo o vindeiro sábado día 19 de outubro a partires das 18:30 horas no P. do complexo deportivo de A Gandara con Juan Ramón Juan Mora coma colexiado asignado para este encontro da terceira xornada. O Freixo ven de gañar ao Refuxio do Moucho na anterior xornada.

Na Primeira Galicia Cadete masculina o Fisober tamén rinde visita ao S.D.C. y R. Narón O Freixo o vindeiro sábado día 19 a partires das 20:15 horas no P.M. de As Lagoas en Narón con Eloy Bello Gómez coma colexiado asignado para este encontro da terceira xornada.

Para domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría quedan as inferiores femininas co dobre enfrontamento fronte ao Viaxes Amarelle.

Na Liga Autonómica Infantil feminina o Fisober recibe ao Viaxes Amarelle o vindeiro domingo día 20 a partires das 16:30 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría con Rodrigo Varela Meijide coma colexiado asignado para este encontro da segunda xornada.

Na Liga Autonómica Cadete feminina o Fisober tamén recibe ao Viaxes Amarelle o vindeiro domingo día 20 a partires das 18:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría con Rodrigo Varela Meijide coma colexiado asignado para este encontro da segunda xornada.

-Texto : Luis Sambad

-Fotos : Fisober FSF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies