Previa do encontro da 11ª Xda da Preferente Galicia FSF : Fisober FSF-Ribeira-Lieders

PREVIA FISOBER

Tan solo compite este fin de semana o primeiro equipo do Fisober, xa que o cadete masculino non ten liga ata a próxima semana e tanto o cadete feminino coma o infantil masculino xa remataron a competición.

Na Liga Autonómica-Preferente Galicia Feminina e dentro da 11ª xornada de liga o Fisober recibe ao Ribeira-Lieders mañá sábado a partires das 12 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría con Rafael Alberto Tovar Rodríguez e María Rey Hermida coma colexiados designados.

O Ribeira chega coma líder, con tan solo unha derrota na competición e despois de disfrutar da semana de lecer a pasada xornada. O Fisober chega despois de caer ante o Vilalba na anterior xornada.

Na primeira volta o resultado fora de dous a cero a prol do Ribeira nun partido moi igualado e que fora retrasmitido polas redes socias do conxunto lucense.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad