PREVIA DO ENCONTRO DO FISOBER NA PROCURA DE SALVAR A CATEGORÍA.

PREVIA FISOBER

O Fisober cando xa se cría salvado, onte espertou ca nova de que o Salceda presentara un recurso contra unha aliñeación indebida dun terceiro e acadaba dous puntos que o volven poñer na pomada e compromete moito as costeiras. Polo tanto as costeiras terán que voltar a salvarse, pero a nova implica tamén no descenso a novos equipos como o filial de A Fervenza.

O sábado un de xuño a partires das 18:00 horas no P.M. Salceda de Caselas o equipo local e o Fisober xóganse a tempada nun partido a todo ou nada con Jesús Conde Areal coma colexiado.

As contas son estas se o Fisober vence ou empata está salvado en caso contrario dependerá de terceiros.

Se perde queda nas mans do Couto que visita Culleredo, necesitaría que o Couto non gañase para salvar as costeiras. A outra vía esta máis difícil sería que o filial de A Fervenza perdese por cinco goles máis do que o faga o Fisober, algo que parece pouco probable.

As costeiras atópanse cunha situación inesperada a dous días do partido e cunha praga de baixas o que dificulta aínda máis as cousas.

Na primeira volta o resultado fora de igualada a dous goles , polo Fisober marcaran Mai e Paula Fandiño polo Salceda : Bárbara e Marta.

O pasado fin de semana remataban a competición o filial e o infantil nas súas respectivas Copas. O filial perdía por catro a cero en Cruces nun partido no que xa non se xogaba nada. Pola súa banda o infantil perdía nos penaltis nas semifinais da Final Four, un gol nos últimos segundos e a lotería dos penaltis deixounas fora dunha final que se levou o locatario Poio.

Autor do artigo : Luis Sambad

(Xefe de prensa do Fisober FSF)

Deixa un comentario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies