PREVIA : DERRADEIRA XORNADA NA FASE DE ASCENSO A 3ª DIVISIÓN, CUNHA PRAZA POR DECIDIR NO GRUPO NORTE E AS DUAS NO SUR…XORNADA DE INFARTO.

 

Na pasada xornada o CF Noia certificaba o ascenso a 3ª División e a o CD Boiro tiña todo na sua man para ocupar a outra praza, pero a sua derrota ante o SD Sarriana fixo que cas vitorias destes, e do SD Sofán, que dependían do que fixesen os boireses, haxa un triple empate a 7 puntos, cos de Boiro dependendo deles mesmos por golaveraxe, pero tendo que visitar ao SD Sofán, no sempre complicado “O Carral”, que vai a ferver coma sempre, para levar en ándias o equipo da parroquia carballesa. Indiretamente do resultado deste encontro pode beneficiarse o SD Sarraiana, segundo en discordia pola praza de ascenso e que visita a un “resacoso, CF Noia no “Julio Mato”. En definitiva, xornada de emoción a raudais.

 

SD Sofán – CD Boiro, ás 18:30 horas

CF Noia-SD Sarriana, ás 18:30 horas

CD Lemos-Atlético Coruña Montañeros CF, ás 18:00 horas

No Grupo Sur todo por decidir

Aquí está todo por decidir en duas palabras como diría Jesulín de Ubrique, está unha derradeira xornada, “Im presionante”, xa que temos con empate a 7 puntos, (por este órde) : Gran Peña FC, SD Xuvenil Ponteareas e  Atlético Arnoia, a 1 punto o UD Barbadás e a 2 o Villalonga FC. Polo tanto Gran Peña FC e SD Xuvenil Ponteareas, gañando continuarán na categoría, pero resulta que se enfrontan antre eles, polo que o que caia derrotado cáseque seguro quedará fora, e un empate podería deixar fora aos dous. O Atlético Arnoia, que xoga ante o único que non se xoga nada, pode ser o gran beneficiado…quen da máis?.

 

Atlético Arnoia-Cultural Areas, ás 18:30 horas

SD Xuvenil Ponteareas-Gran Peña FC, ás 18:30 horas

Villalonga FC-UD Barbadás, ás 18:30 horas

-Foto : SD Sofán

-Texto : piratasdemuxia