PREVIA DERRADEIRA XORNADA 1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO : “DESPEDIDA DA LIGA CON DOUS DERBIS DA COSTA E MOITO EN XOGO PARA OS EQUIPOS DA COSTEIROS”.

 

Derradeiro prato sobre a mesa para os equipos da costa nesta 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, a que se unirá a vindeira tempada o San Lorenzo por ascenso da Liga da Costa, e o Fisterra por descenso da Preferente Norte, e a espera de ver o que fan o Muxía e o Corme na promoción.

Un derradeiro prato no que o Xallas loita por entrar na promoción, na que está agoramesmo cos mesmos 66 puntos co seu predecesor, o Flavia, e un máis co seu antecesor, o Lalín, e dous sobre o Dumbría, que son os que loitarán con padroneses e xalleiros por esas duas prazas que están no ar nesta derradeira xornada de liga. O campión, Cidade de Ribeira que non se xoga nada, e que segue dando a lata, (perdeu só 3 encontros en toda a liga), será o rival dos xalleiros. Os de Ribeira que caían en Dumbría, querrán despedir a liga cunha vitoria ante a sua afección, cousa que lle fai máis dificil o percal os rapaces de Adrián Vázquez. Máis doado, sobre o papel, é o rival do Flavia, que recibe ao Agolada, que non se xoga nada e que ten dende a pasada semana a permanenza asegurada.

O Lalín, rival pola promoción cos xalleiros, visita ao Negreira, subcampión de liga, que ten feito o traballo a espera da promoción e que tampouco baixou o pistón a pesares de ter asegurada a segunda praza fai un par de semanas. 

Para o Soneira é o fin de tempada máis tranquilo posible, tanto que incluso como nos comentaba un dos seus xogadores, “é un incirdio ter que ir ata a Puebla a xogar un encontro no que nin eles, nin nós, nos movemos de onde estamos gañe quen gañe dos dous, pois nen podemos coller a ninguén, nin ninguén dos que veñen detrás nos poden coller”. Toda unha realidade ca clasificación na man. Polo tanto para os rapaces de Pedro Gómez, será un encontro preparatorio para a Copa da Costa, que xa ten mañán Domingo dous encontros da previa.

Dous derbis costeiros

O Dumbría, rival polo posto de promoción co Xallas,  Flavia e Lalín, visita ao Esteirana que buscará unha vitoria para escaparse da zona de arrastres, en loita co Cruces, e Tordoia, que suman un punto máis cos de Gustavo Mayo. Os de Pablo Conde pola sua banda precisan a vitoria e que fallen os de arriba para meterse na loita polo ascenso.

O outro derbi que temos, é o Mazaricos-Baio, despedida da liga para os de Alvite, e os de Félix Raposo, ca ansiedade de estar no primeiro posto de arrastres, e de saber que gañen ou perdan os puntos non lles valen para avanzar o distar 3 puntos da Esteirana e co golaveraxe para os das Salinas.

O noso desexo do mellor para os equipos da costa e en especial para os seus adestradores, grandes colaboradores da nosa web toda a tempada, incluidos os que xa non están, coma Mingui e Marcos, ambos ex do Mazaricos.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”