Comeza a canción de Dire Straits dicindo : “It’s a mystery to me…the game commences”, e verdadeiramente é o que pasará dende o día de hoxe. É un misterio para min, e para o deportivismo, o que vai a ser a tempada, pero hoxe comeza o xogo e esperemos que sexa da mellor das maneiras posibles, gañando e deixando bo sabor de boca. Tras tres anos frustrados espeemos que este sexa o da definitiva. O clube fixo un troco completo no equipo e forta dél, a ver se este xiro de timón se reflexa nos resultados.
Hoxe temos a un rival incerto, descoñecido, un rival que fixo ata 20 fichaxes, ou nalgún caso xogadores subidos do filial. Tamén trocou o apartado técnico. Ben de facer unha boa pretempada, pero Riazor fai que os encontros se fagan moi longos. Xa somos máis de 23.000 socios e de seguro que hoxe haberá unha boa entrada, ainda que faltará moita xente que está de vacacións ou que traballa, en especial os que o fan na hostelería nesta época estival, pero de seguro que haberá unha boa entrada.
Depor Vs Rayo Majadahonda
Campo : Estadio de Riazor
Día : Sábado 26/08/2023
Hora : 20:30, (18:30 GMT)
Árbitro : Francisco García Riesgo, (Oviedo-27 anos)
Como se soe dicir no argot mariñeiro para que as cousas lle vaian ben a alguén, neste caso o noso Depor :
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

