Chega a Riazor un CD Numancia que o ano pasado tras ir perdendo por 2-0 e sen saber por onde circulaba o balón, nunha boa primeira metade dos deportivistas, pasouse a unha segunda na que conseguiron recurtar distanzas e na que tras errar Carles Gil o 3-1 pasouse a un dominio dos sorians que acabou co definitivo 2-2.
Foi un encontro que supuxo un “punto e aparte”, pois de ser un equipo solvente adiante e atrás o Depor sumíuse nun inexplicable baixón que alonxou o equipo da cabeza, para logo entrar polos pelos no “Play-Off” de amargo recordo, quedando fora do ascenso por un só gol.
O equipo deportivista que ainda non sabe a que xoga, sen un esquema craro de xogo, cas pezas por colocar, pola tardanza en completarse o equipo, chega cunha sensación de millora moral tras empatar co Sporting de Xixón e plantarlle cara a un dos favorits a estar arriba. Unha sensación que veremos se é ficticia ou non.
Pola sua banda o CD Numancia chega pletórico tras facer 7 dos derradeiros 9 puntos e vindo de gañar ao Huesca na pasada xornada, un dos “gallitos” da competición.
Un encontro que desborda dúbidas para o deportivismo e que podería ser un encontro para dar un “golpe enriba da mesa” de deixarse desas dúbidas, que só fan crear incertidume e malestar que de crecer pode ser moi perigoso, ainda que falte moito para que esto se decida.
Lista de Convocados
José Antonio Anquela convocou a toda a plantilla esta mañán en Riazor, onde houbo unha sesión suave de adestramento e estiramentos.
PorteIros: Dani Giménez E Koke Vegas.
Defensas : David Simón, Bóveda, Valín, Lampropoulos, Montero, Mujaid, Salva Ruiz E Luis Ruiz.
Medios : Álex Bergantiños, Gaku Shibasaki, Vicente Gómez, Peru Nolaskoain David Sánchez, Gandoy, Mollejo, Ager Aketxe, Borja Galán, Jovanovic e Beto da Silva.
Dianteiros: Mamdou Koné e Christian Santos.
Baixas : Samuele Longo, Michele Somma e Borja Valle, todos eles por lesión.
O Árbitro
Terceira tempada consecutiva do xove Álvaro Varón Aceitón, do Colexio Balear, nado en Palma de Mallorca fai 31 anos. Na sua primeira tempada dirixeu 22 encontros, na segunda, 20 e nesta leva 2 con 11 cartóns amarelos amosados e ningún vermello.
Onde velo
O encontro será en direto no Estadio de Riazor a partires das 21:00 horas, (19:00 GMT), e para os que non poidads acercarvos o noso estadio, terédelo en direto por Movistar-La Liga.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es