PREVIA : DEPOR Vs MIRANDÉS : “ENCONTRO CON DOBRE FÍO”

 

Se alguén pensa que este encontro vai a ser doado é que ten pouca memoria no que se refire ao que é a 2ª División. Non hai rival doado nesta categoría e as sorpresas son o pan noso de cada día. Como ben decía Anquela anton te : “o Depor xogábase a vida fronte o Extremadura e levouse o trunfo oequipo extremeño”. Non foi fai moito e así se deu aquel día, os extremeños chegaban en descenso e cun disparo a porta e unha defensa férrea leváronse os 3 puntos.

O Mirandés chega da man de Iraola ca esperanza de sacar puntos de Riazor, onde ata o de agora o equipo non acaba de facer un encontro completo. Ante o Real Oviedo pasouse dun encontro solventado con 2-0 a gañar por un golazo de Chrístian Santos no derradeiro suspiro co 2-2 no marcador. Fronte o Albacete errouse o que non hai nos escritos e acabouse perdendo por 0-1 cun único tiro antre os tres paus dos albaceteños, cun penalti inexistente sinalado polo VAR e fornte o Numancia de remontar un 0-1 e poñerse 3-1, a en 8 minutos acabar empatando 3-3, cun gol no derradeiro segundo de encontro, pois xa non se sacou de centro.

Onte Borja Galán xa advertía do “dobre fío” deste encontro : “Temos claro que en Segunda División non hai un partido fácil aínda que sexa en Riazor, ante un rival recentemente ascendido. Sabemos que todos os partidos son ultra competitivos, que nos vai a custar, que se facemos as cousas ben, teremos as nosas opcións de gañar, por suposto. Non temos que pensar que o partido está gañado, porque nos estariamos confundindo”.

Precísase unha vitoria urxentemente e ademáis dando sensación de equipo durante todo o encontro.

 

O Encontro

Depor Vs Mirandés

Hora : 21:00, (19:00 GMT)

Campo : Estadio de Riazor

TV : Movistar La Liga 1

 

O Árbitro

Miguel Ángel Ortíz Árias do Colexio Madrileño, de 34 anos de idade, que ascendeu esta tempada a 2ª División na que leva dirixidos 3 encontros, amosando 11 cartóns amarelos, (3,67 por encontro), e 1 vermello. Nunca nos dirixeu un encontro. O Mirandés dirixeulle a vitoria sobre o Real Oviedo po 2-1.

 

LISTA DE CONVOCADOS

Os xogadores tiveron unha sesión suave de reactivación en Riazor pola mañán para logo concntrarse no Hotel Melía María Pita ata unha hora antes do encontro. Cando nos pase o RC Deportivo a lista de convocados colgarémola aquí. Todo apunta a volta de Peru Nolaskoain, e a de   Borja Valle que xunto a Samuele Longo recibiron onten o alta médica.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es