PREVIA : DEPOR Vs MÁLAGA : “DUELO DE DECEPCIÓNS E NECESIDADES”

 

Non hai que ir moi lonxe para achegar a mente o derradeiro encontro antre estes dous equipos, Depor e Málaga, aquel dobre enfrontamento de fai uns meses na procura de pasar a rolda final da promoción de ascenso. Nun encontro extraordinario, na segunda metade, os deportivistas remontaban o gol inicial dos malagueños para despois en terras andaluces gañar cun tanto de “churro” de Álex Bergantiños. Ambos eran dos favoritos a subir, desta volta e pouc tempo despois, ambos son unha decepción para os seus siareiros.

O Depor, supostamente feito para ascender e co 6º tope salarial, chega a esta 12ª xornada como colista e o Málaga, cun tope salarial superior pero con problemas con él para incluir xogadores, despois de apostar o an pasado todo a unha carta, chega como penúltimo, polo tanto este é un “duelo de decepcións” e o mesmo tempo de necesidades par buscar dunha vez por todas ese punto de inflexión que faga que uns e outros vaian escalando na procura da que debería ser a sua loita e non esta de sair do pozo.

Luis César debuta en Riazor e xa con algo máis de tempo para amosar o que quer do equipo, ainda que os internacionais chegaron a contagotas. Él mismo asegurou onte na rolda de prensa previa o encontro que se “verá outro equipo”, e está cnvencido de que se verá “un bo encontro do Depor”. Desborda optimismo o vilagarcián e esperemos que llo contaxia a un equipo que nas Palmas amosouse como alicaido e sen ideas ante a adversidade e a siple presión do equipo contrario. Un mal que xa amosou noutras tardes nas que foi de máis a menos en cuestión de segundos.

O ENCONTRO

Depor Vs Málaga CF

Xornada : 12

Posición/Puntos Depor : 22º/8

Posición/Puntos Málaga : 21º/8

Campo : Estadio de Riazor

Hora : 16:00, (14:00 GMT)

Árbitro : Óliver de La Fuente Ramos

O ÁRBITRO

Árbitro do Colexio Castelán-Leonés, Óliver de la Fuente Ramos, vallisoletano, que comezou na 2ª División fai 6 tempadas con tan só 21 anos, sendo esta a sua sexta tempada consecutiva, (27 anos de idade). Leva dirixidos esta tempada 5 encontros, con duas vitorias locais, duas visitantes e un empate,  con 28 cartóns amarelo, (5,60 por encontro) e ningún vermello. Non nos dirixeu ningún encontro nen a nós nen o Málaga, pero sí lle dirixeu aos de arriba, Cádiz, Huesca, Almería, Zaragoza, (2), Girona e Las Palmas.

LISTA DE CONVOCADOS

Volven os internacionais, Montero, Mollejo, Lampropoulos e Gaku Shibasaki e o lesionado, Koné. Seguen fora por lesión : David Simón, e Michele Somma. Tralo adestramento de onte quedaron concentrados no Melís María Pita.

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.