PREVIA DEPOR Vs LAS PALMAS : “NECESIDADE IMPERIOSA DE GAÑAR”

-Natxo González: Aquí o que máis aguante, o que máis resista vaise a levar o gato á auga”
-Previa do encontro-

Natxo González falou na rolda de encontro pre-encontro da importancia de gañar xa. Fai autocrítica : “Co que estamos a facer non nos está chegando para gañar. Algo estamos a facer mal”, e conscente da necesidade e dillo aos xogadores pero con sentido : “Rapaces, aguantade, aguantade, aguantade que imos volver a gañar. Pero para iso hai que xestionar moi ben as emocións”. Para o encontro de hoxe ás 20:00 horas, (19:00 GMT), fornte ao UD Las Palmas, que chega ca novidade de Pepe Mel no banco, parece que haberá ata 4 trocos no equipo. Poderían entrar Vicente Gómez, Pedro Sánchez, Eneko Bóbeda e Saúl. Hoxe é un encontro cunha necesidade imperiosa de gañar, polos puntos e pola sencación de ansiedade que trasmite o equipo con tanto empate.

PREVIA

 
Depor Vs UD Las Palmas
Hora : 20:00, (19:00 GMT)
Campo : “Estadio de Riazor”
Árbitro : Óliver de la Fuuente Ramos, (Colexio Castela-León)
-TV : La Liga 123
-Resultado 1ª volta : 1-1.
ÁRBITRO
 
Óliver de La Fuente Ramos é un colexiado moi xove, nado en Valladolíd, (Castela-León), fai 27 anos e que é debutou na categoría na 2014/15 e leva dirixidos en total 38 encontros, deles nesta tempada 13, dos que 6 acabaron en empate, 2 en vitoria vistante, e 5 en vitoria local. Ensinou un total de 84 cartóns amarelos, e 3 vermellos, 2 deles foron por dobre cartón amarelo, e 1 vermello direto. Pitou 2 penaltis nestes 13 encontros dirixidos na 2018/19, da que a nós dirixeunos o encontro da 2ª xornada de liga, Extremadura 0-1 Depor, que foi o seu debút este ano.
LISTA DE CONVOCADOS
 

Daráa esta mañán e cando a de colgarémola aquí.

 
ROLDA DE PRENSA DE : NATXO GONZÁLEZ

(Por : rcdeportivo.com)

Natxo González asegurou esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que “o máis importante é resistir, como lles digo eu (aos meus xogadores). Resistide tíos, resistide. Aguantade, aguantade, aguantade. Non nos desvíemos do camiño”.

O técnico deportivista cre que “aquí o que máis aguante, o que máis resista vaise a levar o gato á auga, como se adoita dicir. O tema é ese, resistir todos un pouquiño”.

“O que eu sinto é o que lle teño que transmitir aos meus xogadores. O que sinto é iso. Temos potencial suficiente, como resistimos en cada momento. Levamos 3 partidos sen gañar en ABANCA-RIAZOR. Hai que resistir, que vai chegar. O que non vai chegar se perdemos o norte. Rapaces, aguantade, aguantade, aguantade que imos volver a gañar. Pero para iso hai que xestionar moi ben as emocións”, volve recalcar.

A nivel futbolístico, apunta que “co que estamos a facer non nos está chegando para gañar. Algo estamos a facer mal. É verdade que a nivel estatístico, os dous últimos partidos en ABANCA-RIAZOR tes bastante mellores números que o rival. Dalgunha forma os números importantes son cantas veces finalizaches ti, as ocasións que tiveches ti, os tiros que tiveches ti e tivo o rival. Iso reflicte un pouco como estiveches ofensiva e defensivamente. Logo está o que sucede entre área e área. Nas áreas tendo máis ocasións, o contrario está a ter menos. Pero aínda así non estamos a sacar resultados”.

Na súa opinión, “de área a área está a faltarnos regularidade, pouso e quizais nos está faltando un pouco esa tranquilidade que fai falta para madurar os partidos, para desgastar aos rivais. Un pouco volver ao anterior”.

Avisa que isto vai ligado “ao tipo de partido que sexa. Non é o mesmo un partido no que te atopas a un rival máis replegado a outro no que o rival aperte máis arriba. Ou como o outro día, moito de ida e volta, e aí sufrimos máis”.

Á afección, Natxo González en primeiro lugar quixo darlle as grazas polo seu ánimo constante ante a AD Alcorcón o pasado luns: “O outro día esquecéuseme, funme a casa e doeume bastante non agradecer o apoio da afección. Darlles as grazas polo outro día e de antemán. Non imos estar todas as semanas o mesmo. Pídolles o mesmo que aos xogadores: aguantade, aguantade un pouquiño. Sei que non é fácil, pero tamén sei que como aguantemos, poderémolo gozar”.

Da UD Las Palmas, rival mañá domingo 10 de marzo en ABANCA-RIAZOR (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), advertiu que coa chegada de Pepe Mel esta semana ao banco canario, “sempre que hai un cambio de adestrador hai unha reacción como equipo a nivel individual e colectivo. En calquera caso imos ter moita oposición enfronte. É un equipo importante, con moi bos futbolistas e un equipo con pouca marxe, cada vez menos, para o erro”.

O fondo dos Blues comezará baleiro o luns no choque ante o Alcorcón.
A Federación pide insuflar ánimos ao equipo na sua chegada o estadio

A Federación de Peñas do Depor pide aos afeccionados que estén na chegada do equipo fronte a “Porta 0” para insuflar ánimos para este importante e encontro.

++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

Debaixo das publicidades tes como contactar connosco

 se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-