PREVIA : DEPOR Vs ELXE, CON ROLDA DE PRENSA DE LUIS CÉSAR E TODA A INFORMACIÓN DO ENCONTRO.

ROLDA DE PRENSA DE LUÍS CÉSAR

 

 

Luis César revelou hoxe sábado na sala de prensa que o posto de lateral dereito mañá ante o Elche CF en Riazor, (12:00 horas-11:00 GMT), será ocupado por Borja Galán ou Mujaid, dada a sanción de Eneko Bóveda e a lesión de David Simón. “Teño que fiar fino, pensalo esta tarde, as virtudes de Mujaid, as virtudes de Borja Galán, os defectos dun, doutro, a quen se van a enfrontar”, explica.

O técnico deportivista recalca que mañá domingo “temos que buscar unha conexión instantánea coa nosa afección, temos que acender a mecha nós. Temos que ir a por o partido desde o primeiro minuto e saber que hai 90 minutos para gañalo”.

Cualifica o encontro como “moi importante para nós, moi importante. Temos 90 minutos para tombar ao rival. Non temos 10, nin 15, nin 20”.

Luis César insiste en que quere un equipo que “se marca un gol xa sirva para non perder. É o que nos pasou nos dous últimos partidos. Se marcas un gol sirva para que nunha porcentaxe elevadísimo ese partido non o perdes. Despois está o de marcar un gol máis que o contrario. Neste apartado, co balón, non o facemos ben, como eu quero. Hai que incidir niso. O equipo ten que saber cando toque contragolpear e canto toque atacar. E cando toque atacar, como colocarse, utilizar ben o xogo de posición, que o balón vaia ás posicións de velocidade adecuada. Todo iso é onde estamos peor. Hai que manter as virtudes que teñamos e mellorar nos outros apartados, que son moitos”.

Recoñece que “me está custando gañar co Deportivo. Os xogadores levan varias semanas máis que eu sen gañar. Estamos a desexar ter unha semana tranquila, pasar un domingo tranquilo. Gañar nós e ver que pasa pola tarde”.

Preguntado polas declaracións de Christian Santos, indica que “nin axuda nin resta. Isto é o fútbol. Declaracións hai de todo tipo. Eu non lle dou máis importancia que a que realmente ten. O foco que estea xa no noso xogo, nas virtudes, en ser un equipo sólido, difícil de bater, en facer un bo xogo. E todo iso lévenos a que ás 2 da tarde de mañá esteamos contentos porque batemos a un rival. O outro non interesa”.

Finalmente ve ao seu cadro “mellor, aínda que mellorar no fútbol é un proceso sempre duro. Esixe enerxía, moita práctica, adestramento, esixe sentirse torpe, vulnerable. E hai que facer todo iso con determinación, con ilusión. Ese é o prezo que hai que pagar para que un equipo mellore. Por momentos sentimos torpes, vulnerables. Estamos no camiño correcto para conseguir esa mellora e que esa mellora se traduza en cultivar puntos de 3 en 3. É un proceso duro. Nada é gratis. Estamos nese proceso no que non nos vemos como nos gustaría vernos”.

Opina que esa melloría se ve en que “os rivais non nos xutan moito a portería. Se o meu porteiro traballa moito, non me gusta xa o meu equipo. Cando a un equipo xútanlle pouco entre os tres paus, penso que traballa ben. Despois co balón, en ataque, ás veces si que non temos sincronizadas as ideas. Temos aí unha pequena descoordinación, unha pequena desconexión que traballamos tamén nela”.

Tes a rolda de prensa enteira no vídeo.

 

 

O ENCONTRO

Depor-Elxe

Xornada : 13ª

Día : Domingo 10 de Outubro 2019

Hora : 12:00, (11:00 GMT)

Campo : Estadio de Riazor

Árbitro : Isidro Díaz de Mera, (Colexio Castelán-Manchego)

TV : Movistar Vamos

 

O ÁRBITRO

Isidro Díaz de Mara do Colexio Castelán-Manchego dirixeunos esta tempada o encontros da 2ª xornada ante o Huesca, (3-1) e na pasada ante o Málaga en Riazor, (1-1) e ante o Cádiz no “Ramón de Carranza”, (3-0).

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Resumo rolda de prensa: rcdeportivo.es

-Foto e texto: Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.