PREVIA : DEPOR Vs ALMERÍA : “O DÍA DO XUIZO FINAL”

 

O encontro de mañán Domingo 6 de Outubro ante o UD Almería, segundo clasificado da competición, que trala chegada dun rico inversor árabe se convirteu no máis serio candidato ao ascenso, é para moitos o “Día do xuizo final”, o día escatoloxicamente falando no que se acaba todo.

Moita máquina de desestabilizar hai polas redes que están desexando unha derrota contundente ante os almerienses para que a tensión e a crise se acentue e rir cal Vincent Price na intro de “Thriller”. estes que profesan deportivismo so incendian as redes en busca de caos. Diferente é o deportivismo que protesta con razón e busca a unión para sacar esto adiante.

Moitos falan de que pase o que pase xa hai un sustituto para Anquela, sona Lasarte, (coma sempre a pesares de que non quixo vir no seu día), Fernando Vázquez, Alcaráz, Muñíz, ou De La Barrena, principalmente.

Non é sen razón que salgan nomes, pois o equipo non xoga a nada, nen sabe a que xoga e cando se ve por detrás no marcador saca corazón para tratar de enmendar os erros, que o final son os que o condenan.

Este encontro será un impasse de cara o futuro próximo do equipo e posiblemente do clube, xa que os postos de promoción están a tan só 6 puntos e este rival é un dos que estarán arriba seguro e posiblemente dos que asecendan direto, polo que o resultado de mañán ten moitas connotacións.

O ENCONTRO

Depor Vs UD Almería

Xornada : 10º

Campo : Estadio de Riazor

Hora : 18:30, (16:30 GMT)

TV : Gol Tv

Árbitro : Rubén Avalos Barrera

O ÁRBITRO

O colexiado que dirixirá o encontro é o xove  de Igualada, (Barcelona), de 32 anos de idade, Rubén Avalos Barrera, do Colexio catalán. Este é o seu segundo curso na 2ª División Española de Fútbol, na que leva dirixidos esta tempada 5 encontros con 37 cartóns amarelos amosados, cunha media de preto de 8 por encontro e sen ter amosado ningún cartón vermello. Non lle dirixeu este ano ningún choque o Depor, pero sí ao UD Almería, o da vitoria ante o Málaga por 0-1. Nos 5 choques dirixidos 3 acabaron con vitoria visitante, 1 empate e unha vitoria local.

LISTA DE CONVOCADOS

Cando a sabamos colgarémola aquí…

 

COMO VELO?

O encontro para os que non vos podades desprazar a Riazor será emitido en direto e en aberto pola canle Gol Tv.

MANIFESTACIÓNS 

Álex Bergantiños 

“xúntase un pouco todo. Individualmente non estamos a dar o noso mellor nivel. Colectivamente é un grupo novo, con xente moi nova, que teñen que ir collendo experiencia á hora de madurar e competir os partidos. Se xunta coa xeira de malos resultados que fai que haxa máis dúbidas aínda”.

Opina que “a única maneira de saír desta situación é crecer en base ao colectivo e a partir de aí iniciar a progresión individual. Estamos a ter erros que nos penalizan moitísimo, impropios de xogadores do noso nivel. Así se fai difícil se todos os partidos estamos a encaixar fóra de ABANCA-RIAZOR 2 goles. Ou cortamos iso ou nesta categoría é imposible puntuar”.

Confesa estar preocupado, “estamos os penúltimos. Só gañamos o primeiro partido. Estamos a encaixar con moita facilidade e hai que cambiar esa sensación de equipo fráxil, que encaixa á mínima. É unha situación preoocupante. O único bo e positivo é que o próximo partido é dentro de 2 días. Entre todos temos que unirnos dentro e mellorar a nosa versión para crecer colectivamente e cambiar a imaxe que estamos a dar de fraxilidade”.

Razoa Álex Bergantiños que “peor non o podemos facer. Os erros que estamos a ter e a maneira que estamos a encaixar goles son impropios do nivel dos xogadores que hai. Temos que partir dunha mellora no colectivo. Ou empezamos a defender mellor colectivamente en todo tipo de accións (balón parado ou de xogo) e a partir de aí ir crecendo aos poucos ou se non imos seguir con esas dúbidas e esa desconfianza que estamos a sentir dentro do campo”.

Sobre o ambiente deste domingo 6 de outubro en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería (18:30 horas, Gol), prefire que “sexa ao final do partido cando os afeccionados digan se lles gustou ou non o que viron pero que durante o partido traten de sumar o máximo para que os xogadores séntanse o máis cómodo posible dentro da inseguridade que estamos a sentir”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.