PREVIA : DEPOR VS ALBACETE : “NECESIDADE DE VICTORIA”

 

 

Non é que sexa unha necesidade imperiosa de gañar pola clasificación, pero si o é porque todo que non sexa unha victoria levantaria protestas en especial para as “máquinas de meter medo” que hai nas redes que non deixan traballar e esperar a ver como se vai facendo o equipo e todo se volven protestas, moitas veces incomprensibles e desmedidas, pero con craro fin de desestabilizar.

O encontro ten o seu aquel, xa que é un dos equipos incómodos, pero como acostuma a pasar na Segunda o factor de xogar como local da un plus ao equipo que o faga. O equipo albaceteño chega cunha vitoria e dous empates, ao igual co Depor e ten 1 gol a favor e 5 en contra, pero ao igual cos branquiazuis reforzáronse neste final de mercado.

 

O Árbitro 

Luis Mario Milla Alvendiz, de 36 anos de idade, pertence ao Comité de Árbitros de Andalucía e dirixe a súa terceira tempada na categoría. Ata a data pitou un total de 37 partidos, cun balance de 14 vitorias locais, 10 visitantes e 13 empates.

 

Lista de convocados

Entran na lista de convocados as 5 derradeiras fichaxes. Víctor Vallejo que onte xogaba coa Selección Española Sub 19 e que mercaba o gol dos españois no empate a uns, (1-1) con Alemaña, xogou e veu para a Cruña, foi presentado esta mañán con Salva Ruiz e Jovanovic, adestrou en Abegondo e xa está na lista dispoñible para xogar. Tamén destacar na lista ao fabrilista David Sánchez. Cáese Gaku Shibasaki que está ca sua selección ca que derrotou a Paraguai no día de onte por 2-0 e volverá a xogar contra Birmania en encontro clasificatorio para o mundial. Tamén quedaron fora por lesión, Somma, Borja Valle, Peru Nolaskoain e Samuele Longo.

 

Como velo?

O encontro comeza ás 16:00 horas, (14:00 GMT) e para os que non poidades asistir a Riazor o encontro será televisado por Movistar La Liga.

 

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es