Que o Depor comezase a liga amosando dificultades para desenrrolar o xogo que se lle presume, por xogadores e clube, fai que segundo van pasando as xornadas, os equipos tomen máis o de poñerse de vítimas, de colgarse a pel de año, sabedores de que as incertidumes, poden voltarse en contra dos branquiazuis.
Unhas incertidumes acrecentadas polo sector da prensa que segue o RC Deportivo, e que en realidade varios son máis antideportivistas que deportivistas, e que fai que con só 4 encontros xogados, con duas vitorias e dous empates, se mire con lupa o equipo, e se magnifique o que fan os de arriba, con todo o que hai ainda por diante.
Que ninguén se esqueza, que a nosa primeira volta do ano pasado, foi de órdago, foi como para estar ascendidos con moitos meses de antelación, e o final, en números fomos o segundo mellor equipo dos 40 que compoñían a 1ª RFEF, pero o final na sorte dos Play-Off non demos a talla, no derradeiro encontro, con todo a favor. Polo tanto ainda hai moito que leirar, e se non hai xogo, que haxa resultados.
Non hai disculpa ante o Talavera, salvo decisións arbitrais, terán enfronte a un equipo feito para a 2ª RFEF, calquer cousa que non sexa unha vitoria é mala. Ben e certo que o ano pasado gañámoslle os dous encontros por 1-0, pero con moitas dificultades, pero aquel era un equipo feito para a categoría. Desta volta compite baixo a complacenza da RFEF, que se sacou un invento nunca visto, para poñer aos de Talavera de la Reina a ocupar o posto do Dux, que é o equipo ao que lle aprazaron os encontros. Rocambolesco, pero esto non pasa nen en Guatemala, (con todo respecto, por falar dun pais cunha liga menor, comparada cas europeas).
O encontro
-Xornada : Aprazado da 1ª
-Campo : Estadio de Riazor
-Hora : 20:00, (18:00 GMT)
-TV : TVG2, Web TVG, InSports TV
-Texto : piratasdemuxia
-Foto : RC Deportivo