PREVIA : DEPOR-SPORTING : “E AGORA QUE?.

 

Comeza unha nova liga, unha “liga-negocio”, que só a alimenta o noso sentimento, pero na que a pandemia consigueu darlle aos responsables da orgañización o que veñen buscando fai anos…botar aos afeccionados fora dos estadios.

E non o opinamos só os afeccionados. Mendilibar falaba as craras o que todos pensamos : “El fútbol sin público en el estadio no es fútbol. Desde hace tiempo, el aficionado importa poco. Con los horarios, los partidos de los lunes… En todas estas cosas, el socio del club importaba poco. Después de esto, no importa nada”. Máis craro imposible.

Será moi duro para os que cada semana imos o estadio ver xogar pola televisión o noso equipo, as nosas cores, o noso escudo, e non poder estar alí para animar, para insuflar alento os nosos, para darlle ese empuxón que os multipliqu por cen a hora de levantarse nos minutos malos e de embrabecerse ata a vitoria.

Na tarde de hoxe comeza unha “mini-liga” na que hai 33 puntos moi valiosos en xogo. Uns puntos que colocarán a cada un no seu lugar e que vistos os encontros que van xogados, para nós estes primeiros 3 puntos en xogo serían un impulso tremendo podendo remontar a varios equipos e sair dos postos de descenso.

Visítanos un equipo “gafe”, que xa non puido a tempada pasada ter a sua afección en Riazor polas obras no mesmo, e desta volta non a poderá ter pola pandemia. Riazor ten unha cousa especial que non teñen outros estadios, está plenamente integrado na cidade e na sua volta os bares e restaurantes son numerosos o que fará que a afección acuda as terrazas, para animar dende fora. O encontro foi considerado de “alto risco”, para así evitar tumultos fora, pero ninguén pode privar as persoas a estar nas terrazas, sempre respetando as medidas de seguridade.

O Sporting de Xixón 12º a tan só 6 puntos de nós, é un duro rival, que da man de Miroslav Djukic renaceu i é xunto co Depor, os mellores equipos da segunda volta, polo que será un choque incerto o non haber afeccionados no campo. Que nos podemos esperar?…toda unha incerteza e como dí un amigo deportivista : “e agora que?.

O ENCONTRO

Xornada : 32ª

Depor Vs Sporting de Xixón

Hora : 17:00, (15:00 GMT)

Campo : Estadio de Riazor

Tv : GolTV

Árbitro : Saúl Ais Reig

LISTA DE CONVOCADOS

 

Destacar na lista de convocados a entrada de dous xuvenís como son o central Juan Rodríguez e o meta Alberto, así coma o fabrilista, Gandoy. Estrea convocatoria Abdoulaye Ba. Son baixa por lesión o meta Jovánovic, e Aketxe, 8que xa está recuperado e podería voltar no seguinte encontro), e o sancionado por acumulación de cartóns, Víctor Mollejo.

O ÁRBITRO

Árbitro valenciano, de Alcoy, que vai camiño dos 35 anos. Esta tempada non nos dirixeu ningún encontro nin a nós, nen o Sporting. Leva dirixidos 14 encontros, con 75 cartóns amosados, 3 expulsados e 8 penaltis pitados. Do peoriño da categoría. Un fulano que non debería arbitrar e que tódolos anos está envolto en polémicas que él mesmo crea. De moi mal recordo o das expulsións de Borja Valle por decirlle : “eres un sinverguenza de mierda”, cando se ve nas imaxes do encontro que non lle di nada, expulsou a Pablo Marí, cunha dobre amarela, non habendo cometido él a falta e a Natxo González. Foi o ano pasado nun Córdoba-Depor, que Ais Reig decideu totalmente e perxudicou o Depor nese encontro e nos seguintes. Esta tempada repiteu o mesmo e a “china” tocoulle ao UD Las Palmas ante o Cádiz.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies