PREVIA DEPOR-SAN FERNANDO : “HAI QUE IR CORRENDO E NON ANDANDO”.

 

O deslucimento do encontro ante o Talavera, que levaba marchamos de resurrección, e acabou en penitenza, por dous agasallos groseros que fixeron acabar o encontro o equipo moi nervoso e pechado atrás, coa sensación de que se pedía a hora.

Chega o San Fernando CD, 13º con 5 puntos de 1 encontros gañado e 2 empatados, perdendo tamén dous. Marcou 4 goles e encaixou 5. A semana pasada empataba co Sanse, (1-1).

O seu adestrador é o ex valencianista, Salva Ballesta, e decía no día de onte, sobre o deportivo : “É unha competición moi dura con rivais todos que che poden complicar os partidos. Quizá é dos partidos que máis ou que, a priori, non está chamado a estar arriba. Pero á hora de competir todos os rivais teñen as súas armas, unhas veces máis acertados e outras menos. Eu creo que a historia do Deportivo digamos que, como ten ese equipo, ese potencial e sobre todo a historia da que vén que se encaixou en Primeira RFEF e que o ano pasado non ascendeu, xa calquera tropezón se magnifica. Non vai ser o primeiro nin o último partido que non lle saian as cousas ou que non estean moi acertados e perderán e gañasen. Así é o fútbol. O Dépor ten que navegar por esa espada de Damocles de que ten que gañar practicamente todo e dar esa imaxe cunha esixencia brutal porque por club, por cidade, por estadio e por afección non só debería estar en Primeira División, senón que debería estar entre os 5 ou 6 de Primeira. Pero o fútbol non engana. Cando se fan determinadas cousas mal ao final te vas metendo no foxo e atópasche onde te atopas”.

Pola sua banda Borja Jiménez decía sobre o San Fernando que : “Ao cambiar de adestrador temos dúbidas sobre que equipo imos atopar. Pero os seus xogadores o ano pasado fixeron unha moi boa primeira volta e quererán estar arriba. A Bicho coñecémolo na Coruña. É un bo equipo para a categoría. Poñeranos as cousas difíciles. Non vexo moita diferenza”.

Baixas no Depor 

Isi e Trilli son baixa fixa para este encontro, o primeiro sofre unha lesión muscular no aductor da súa perna dereita, e o segundo, sofre unha lesión muscular no psoas ilíaco. Tamén teñen problemas musculares, Quiles e Raúl Carnero, polo que podería haber ata 4 baixas.

O encontro

Campo : Estadio de Riazor

Hora : 19:00, (17:00 GMT)

TV : Insports TV, TVG2, e web www.crtvg.gal

Árbitro : Francisco García Riesgo, (Comité Asturiano).

 

ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ PRE-ENCONTRO

 

-Fotomontaxe : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia