PREVIA DE TODÁLAS FASES DA 3ª DIVISIÓN GALEGA : “O BERGANTIÑOS CF PODE CONVERTIRSE EN NOVO EQUIPO DA 2ª RFEF”.

Bergantiños CF

 

O Bergantiños CF a un paso de certificar o ascenso

Tras haberse convertido en campión de liga do Grupo Norte da 3ª División brilantemente, o Bergantiños CF pode convertirse mañán Domingo en equipo da 2ª RFEF se é quen de gañarlle ou empatar co Arosa SC, que é o rival que terá enfronte a partires das 17;00 horas no Municipal das Eiroas, coa arbitraxe de Javier Figueirido Comesaña, con Crístian Vázquez e Eduardo Rivera nas bandas. Os carballeses teñen duas bbalas na recámara, pero se caesen derrotados, (cousa que non esperamos nen desexamos), xa terían que ir a pola vitoria a vindeira semana, na derradeira xornada de liga ante o CD Arenteiro, equipo que ascendeu a pasada semana, trala derrota dos de Carballo ante o Alondras CF, (2-1). Dependendo dos resultados desta xornada, no choque antre somocenses e carballeses pode estar o título de campión galego en xogo.

Aquí tes tódolos enfrontamentos e horarios dos encontros das fases de ascenso e permanenza da 3ª División así coma os da Preferente Norte, na que están enmarcados os equipos costeiros :

 

FASE DE ASCENSO A 2ª RFEF GRUPO C

(5ª Xornada)

Domingo 02/05/2021

UD Somozas Alondras CF, ás 17:30 horas

Bergantiños  CF  Arosa SC, ás 17:00 horas

Polvorín FC CD Arenteiro, ás 17:00 horas

 

FASE DE PLAY OFF DE ASCENSO GRUPO D

(5ª Xornada)

Domingo 02/05/2021

Fabril – CD Estradense, ás 16:15 horas

Silva SD Rápido de Bouzas, ás 17:00 horas

Racing Vilalbés CD Choco, ás 12:30 horas

 

FASE DE PERMANENCIA GRUPO E

(5ª Xornada)

Domingo 02/05/2021

SD Fisterra – UD Ourense, ás 17:00 horas

UD Paiosaco – CD Ribadumia, ás 17:00 horas

CSD Arzúa – Ourense CF, ás 17:30 horas

Viveiro CF – CD Barco, ás 17:30 horas

 Agrupación Estudiantil CD Pontellas, ás 18:00 horas

CD As Pontes  UD Atios, ás 17:30 horas

 

-Foto : La Voz de Galicia

-Texto : piratasdemuxia