Este Domingo 16 de Abril retómase, tralo parón de Semana Santa, a loita polo ascenso a Liga da Costa, (2ª Galicia Grupo 2). Buño, Camelle, Zas e Laxe buscarán dous posto na final. Na ida en Zas, zacenses e camelláns empataban a uns, (1-1), namentras que en Laxe, os laxenses derrotaban por 3-1 aos oleiros. Polo tanto non hai nada decidido, xa que os rersultados antre estes equipos en liga así o dín. O bo tempo está asegurado pois trala borrasca que nos acompaña estes días o tempo rolará a nordés, e o Domingo pola mañán en Buño terán calma finada, e pola tarde en Camelle haberá un nordés froxo, que por outra banda fará que o campo non esté tan brando despois das chuvias que vimos soportando por zonas.
Aquí vos traemos unha análise previa aos encontros da volta desta promoción de ascenso, e o desexo de que se vexan dous bos espectaculos, que reine a paz e que gañen os mellores.
SCD Buño-SD Laxe
Campo : Xabiña
Hora : 12:00
Árbitro : Manuel Rodríguez Rojo
Resultado na ida : 3-1 para o Laxe
Resultados antre eles en liga : 2-4 en Laxe e 0-1 en Buño
Datos na liga SD Laxe : 41 puntos de 15 gañados, 6 empatados e 5 perdidos
Datos na liga SCD Buño : 51 puntos de 12 gañados, 5 empatados e 9 perdidos
Goles a favor e encontra SD Laxe : 50/45
Goles a favor e encontra SCD Buño : 60/35
Datos como local SCD Buño : 9 gañados, 2 empatados e 2 perdidos
Datos como visitante SD Laxe : 7 gañados, 1 empatados e 5 perdidos
Máximo goleador SCD Buño en liga : Eloy Suárez con 12 en 25 encontros
Máximo goleador SD Laxe en liga : Iago Torres con 14 en 25 encontros.
Así ven os adestradores o encontro e o rival
José Antonio Carabel, (Adestrador do SCD Buño) : “O partido do domingo vai ser moi especial para nós, xa que imos afrontalo con moitas ganas despois dun resultado adverso no partido de ida. Espero un partido complicado contra un rival de moito nivel. Os xogadores están entrenando moi ben e esperan ter a sua revancha. Necesitamos gañar e creo que no noso campo e ca nosa xente podemos conseguilo”.
Eliseo Rama “Lilo”, (Adestrador do SD Laxe) : “Campo e rival superior cómo local, con profundidade de banquillo. Moi traballado tácticamente, e con moita variedade en estratexia a balón parado. O campo prestase para que o partido se rompa e sexa un ida e volta para calquera dos equipos. Os primeiros minutos de cada parte van ser claves, e temos que ofrecer nós orden, disciplina e actitude. Témos qué ser bloque compacto e gañar en silencio porque quén ten qué arriscar e o equipo local, e nós tampouco nos temos que pechar atrás polas condicións do campo, e do medio campo hacia arriba teño moita confianza nos meus. Con concentración sacamos calquera partido adiante e polos últimos resultados estámos nesa fase”.
SD Camelle-Sporting Zas
Campo : O Rodeiro
Hora : 17:15
Árbitro : Carlos Señarís Balsas
Resultados da ida : 1-1 en Zas
Resultados antre eles en liga : 1-1 en Zas e 4-3 en Camelle
Datos na liga Sporting Zas : 43 puntos de 12 gañados, 7 empatados e 7 perdidos
Datos na liga SD Camelle : 46 puntos de 13 gañados, 7 empatados e 6 perdidos
Goles a favor e encontra Sporting Zas : 62/43
Goles a favor e encontra SD Camelle : 58/40
Datos como local SD Camelle : 7 gañados, 4 empatados e 3 perdidos
Datos como visitante Sporting Zas : 6 gañados, 3 empatados e 4 perdidos
Máximo goleador en liga Sporting Zas : Dani Mato con 14, (5 p), en 20 encontros.
Máximo goleador en liga SD Camelle : Adrián Pasantes con 13, (1 p), en 18 encontros
Así ven os adestradores o encontro e o rival
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Penso que vai ser un partido igualado, como os xogados anteriormente, nos temos a vantaxe do campo e eles o xogo do balón. E nada que gañe o que meta máis goles, disfrutar do momento gañemos ou perdamos, que non haxa nengún lesionado, e que a afección disfrute do partido”.
Martín Vecino, (Adestrador do Sporting Zas) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”