Semana clave para o fútbol base da costa.
Antre mañán sábado e pasado mañán Domingo, xóganse os encontros de volta das semifinais polo ascenso a Liga Galega Infantil, Cadete e Xuvenil. Nelas temos a 3 equipos da costa, dos que vos vimos dando toda a información, son o Xallas FC nos infantís, o UC Cee nos cadetes e o Cabana SD nos xuvenís. Os primeiros que tratarán de pasar a final a dobre partido son os cabaneses que xogan na xornada sabatina. Os cadetes ceenses e os infantís xalleiros xogan na xornada dominical.
Aquí tedes a previa dos encontros :
“Moita sorte a todos”
FASE DE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL
-Volta Semifinais-
Cabana SD-Amio SD
Resultado da ida : 4-1 para os amieses
Día : 07/05
Hora : 17:00
Campo : As Redondas, (Cánduas-Cabana)
Árbitro : Manuel Sepasandín Romar
Na outra eliminatoria o Cidade de Ribeira CF derrotaba na ida ao SR Calo por 4-2. A volta xógana este sábado a partires das ás 18:30 horas no Municipal de Rebordelo.
FASE DE ASCENSO A LIGA GALEGA INFANTIL
-Volta Semifinais-
Bertamiráns FC “B” – Xallas FC
Resultado da ida : 3-2 para os xalleiros
Día : 08/05
Hora : 12:00
Campo : Municipal de Bertamiráns
Árbitro : Iván Carrillo Chekhov
Na outra semifinal polo ascenso, o Escola Estrada FB, derrotaba a domicilio ao CF Noia por 1-2. Xogan a volta no Manuel Regueiro da Estrada o sábado 8 ás 10:00 horas.
FASE DE ASCENSO A LIGA GALEGA CADETE
-Volta Semifinais-
CF Noia-UC Cee
Resultado da ida : 0-1 para os noieses
Día : 08/05
Hora : 11:30
Campo : Anexo ao Julio Mato, (Noia)
Árbitro : Sergio Miguens Santiago
Na outra eliminatoria o EF Lalín derrotaba a domicilio ao Cidade de Ribeira CF por 1-4. Xogan a volta tamén o Domingo , pero ás 11:00 horas no anexo do Manuel Ánxo Cortixo.
-Foto arquivo e Texto : piratasdemuxia