O Corme ten que levantar un resultado en contra de 2-1 da ida.
Cinco equipos costeiros están en liza nas fases. O Bergantiños na Fase de Ascenso da 1ª Galega Feminina e o Dumbría, Miúdas, Corme e Ponteceso na Fase de Permanenza da 2º División Galega. As bergantiñanas con moitas aopcións tras derrotar o Lugo por 2-1 na ida da final, e na permanenza da 2ª Galega, o Miúdas viaxa cunha ventaxe mínima, e Dumbría e Corme terán que remontar un gol que traen en contra dos encontros de ida. O Ponteceso tralao 1-6 da ida no Pinguel non ten opcións lóxicas. Logo agás as pontecesanas e cormelanas, que xa quedaron fora, bergantiñanas, muradanas e dumbriesas terán cita na Copa da Costa Feminina, nuns Cuartos de Final que xogarán o vindeiro martes na tarde-noite e dos que xa estamos a confeccionar a previa.
Fase de ascenso 1ª División Galega
Final
(Volta)
CD Lugo – Bergantiños FC
Día : Domingo 04/06/2023
Hora : 18:30
Arbitro : José Luis Fraga Torres
Arbitros asistentes : Pablo Pardo e Lucía Álvarez
Resultado da Ida : 2-1 a prol do Bergantiños.
2ª División Galega Feminina Fase Permanenza a 1ª División
Trintadousavos
(Volta)
SD Pontecaldelas – Ponteceso SD
Día : Domingo 04/06/2023
Hora : 16:30
Arbitro : Tomás Balboa Torres
Resultado da Ida :1-6 a prol do Pontecaldelas.
CF Dumbría – SD Xuventú Aguiño
Día : Domingo 04/06/2023
Hora : 18:30
Arbitro : Alberto Pombo Parga
Resultado da Ida : 5-4 a prol do Xuventú.
Galicia de Caranza – ED As Miúdas
Día : Domingo 04/06/2023
Hora : 12:00
Arbitro : Alejandro Miño Pico
Resultado da Ida : 1-0 a prol do Miúdas.
Corme CF – SCD Milagrosa
Día : Domingo 04/06/2023
Hora : 17:00
Arbitro : David Castreje Ferrío
Arbitros asistentes : Iván Guerra e Tiago Alonso
Resultado da Ida : 2-1 a prol do Milagrosa.
-Foto : Rubén Souto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”