PREVIA DA PENÚLTIMA XORNADA NA LIGA REGULAR DA 3ª DA COSTA, CON MÁIS EN XOGO DO QUE PARECE.

O Porteño loitará por ser campión desta liga.

 

Penúltima tirada da liga regular da que o CF Porteño ten tódalas papeletas para quedar campión esta mesma semana se vence no sey encontro ante o Sporting Seaia CF, un título que lles saberá a pouco aos da Ponte do Porto, ou se fose o UD Corcubión, ou con carambolas o SD Oza, pois tras esta liga regular que rematará o vindeiro 12 de Marzal, farase unha liguiña de 2 grupos, e ata equipos que agora mesmo están no vagón de cola, poderían ter posibilidades de ascenso, xa que subirán diretamente os dous primeiros de cada liguiña.

Ben e certo que os mellor situados tralo remate desta liga regular gozarán dun colchón de puntos de inicio. Polo tanto estas duas derradeiras xornadas teñen de aliciente o posicionamento dos equipos para comezar a loita polo ascenso cos máis puntos posibles.

 

 

Previa 17ª Xornada

Sábado 05 de Marzal

Atlético Pereiriña FC  SD Oza

Hora : 18:00

Campo : “San Paio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : David Vázquez Lema.

 

Domingo 06 de Marzal

CF CastreloSD Laxe

Hora : 16:30

Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica) 

Colexiado : Jonathan Pardiñas Blanco.

 

SD Laxe SD Camelle

Hora : 16:30

Campo : “Cabo d´area”, (Laxe)

Colexiado : Adrián Pérez Rellán.

 

Sporting Seaia CF CF Porteño

Hora : 16:30

Campo : “Pedra Queimada”, (Camelle)

Colexiado : Iván Ferreiro Santos.

 

UD Corcubión CF Castrelo

Hora : 17:00

Campo : “Novo Cubaleiro”, (Corcubión)

Colexiado : Pablo Rama Cotelo.

 

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia