PREVIA DA PENÚLTIMA XORNADA DA FASE ASCENSO A LIGA DA COSTA, NA QUE A FALLA DE DUAS XORNADAS O OZA PODERÍA ACADAR O ASCENSO E O CORCUBIÓN XA O ACADOU A SEMANA PASADA.

FASE ASCENSO A LIGA DA COSTAAsí de entretida estivo a Fase de Ascenso a Liga da costa.

 

Todo peixe vendido no Grupo 1, co UD Corcubión campión absoluto, xa que gañou a liga de verdade e esta pantomima que se inventaron os federativos para aguantar os equipos activos ata a Copa e que pode ser perxudicial para o CF Porteño se gañou o ascenso na liga completa, e beneficioso, para o SD Oza que pode ascender.

No Grupo 2 as cousas están máis emocionantes, antre parénteses, xa que só 2 equipos lioitan por un posto de ascenso direto a falla de duas xornadas para o final, co SD Oza que se encaramou a primeira praza a pasada semana, e suma 2 puntos máis co Porteño, máis o golaveraxe particular, e que ademáis podería acadar o ascenso cun empate nesta xornada, xa que os da Ponte do Porto descansan na derradeira xornada.

 

PREVIA XORNADA

Grupo 1

UD Corcubión – SD Camelle

Día : 14/05

Hora : 17:00

Campo : Novo Cubaleiro, (Corcubión)

Árbitro : Esteban Domínguez Lado

 

Sporting Seaia CF – Xallas FC

Día : 14/05

Hora :17:30

Campo : Pedra Queimada, (Malpica)

Árbitro : Alfonso Caamaño Blanco

 

Descansa : CF Castrelo

 

CLASIFICACIÓN

UD Corcubión : 25

Xallas FC “B” : 17

SD Camelle : 9

Sporting Seaia CF : 7

CF Castrelo : 4

 

GRUPO 2

Atlético Pereiriña FC -SD Oza 

Día : 15/05

Hora :16:15

Campo : Sampaio de Refoxos, (Xallas-Cee)

Árbitro : Luis M. Insua Lago

 

CF Porteño – SD Ameixenda

Día : 15/05

Hora : 17:30

Campo : A Grixa, (Ponte do Porto)

Árbitro : Carlos Señarís Balsas

 

Descansa : SD Laxe

 

CLASIFICACIÓN

SD Oza : 17

CF Porteño : 15 puntos

Atlético Pereiriña FC : 13

SD Laxe : 12

SD Ameixenda : 4

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies